Hoxe remata a exposición “Dereitos Humanos e Diversidade Afectivo-Sexual e de Xéneros”, na Casa dos Alonso, na Guarda. Unha mostra organizada polo Colectivo LGTBIQ+ Trans Miño, coa colaboración do concello da Guarda, Amnistía Internacional e a Federación Andaluza ARCO IRIS. Xorde co 70 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos para reflexionar e tomar conciencia sobre a homofobia, fobia e transfobia.