Varias novidades presenta este ano a Cabalgata de Reis de Tomiño coma explicaba a concelleira de Cultura Ana Fernández. O percorrido iniciarase ás 17 h no cruce do Supermercado Día para rematar na praza do Seixo. A comparsa Luces, Revolución Show e Virxe do Alivio confeccionaron as carrozas reais, e coma novidade os nenos que acudan a saudar aos nenos recibirán coma agasallo un xoguete de madeira. Tamén haberá sorteo de agasallos.
Dende a Praza da Devesa até a Praza do Concello irá a Cabalgata de Reis en Salceda de Caselas. Melchor, Gaspar e Baltasar terán na súa comitiva a participación de sete asociacións da vila segundo avanzou a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira.
Dende o Centro Cultural partirá o domingo ás 18 h a Cabalgata de Reis da Guarda que rematará na Casa dos Alonso onde haberá a recepción real. Melchor, Gaspar e Baltasar irán en tres carrozas realizadas por La Fiesta Escénica, e contarán coa acompañamento de distintas asociacións da vila coma explicou a concelleira de Cultura da Guarda, Montserrat Magallanes. Esta tarde os Magos de Oriente visitarán xa aos maiores do municipio.
Os Reis Magos sairán este domingo ás 11 h dende A Portela para realizar un percorrido, en dúas carrozas, por todo o municipio de Oia. Ás 17 h estará no CPI Manuel Garcés e ás 19.15 h rematarán no Centro Cultural de Mougás. A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, deunos todos os detalles do percorrido real.
Cantos de Reis, xogos populares, chocolatada… son parte das actividades do Concello do Rosal para darlles a Benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar, que percorrerán os barrios do concello este domingo.
O IKFEM está nominado aos Iberian Festival Awards 2020. Até o martes 7 está aberta a votación on-line o fallo do xurado darase a coñecer o 14 de marzo. Andrea González, directora do IKFEM amosou hoxe a súa satisfacción por esta nominación, Amais falounos da gravación que en marzo realizará con Warner Music da obra de Rosendo Salvado. E avanzou a viaxe que xunto co Seminario Menor van organizar a Nova Nursia, en Australia, para o mes de agosto.
O Concerto de Fin de ano celébrase ás 21 h no Teatro Municipal de Tui e participan a Banda de Música Popular de Tui e as corais do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo. Abordamos este tema coa concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente e a Cabalgata de Reis do próximo 5 de xaneiro.
Ás 21h no Teatro Municipal de Tui celebrarase o Concerto de Fin de Ano. Correrá a cargo de catro agrupacións tudenses: a Banda de Música Popular de Tui e as corais do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo. No repertorio primarán as panxoliñas e as composicións da familia Strauss. As entradas poranse á venda dende ás 19.30 h no despacho de billetes aos prezos de 5 € e 3 €.
Nova Iorque, Sucre en Bolivia, Bos Aires, Liverpool e Messina en Italia son os lugares que percorremos para coñecer como se celebra o Nadal no Mundo.
É unha reportaxe de Yolanda Vázquez
15 min
About Día a Día
From the publisher's feed
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…