Cunha sesión solemne e a apertura dunha exposición no Arquivo de Valença mañá comeza os actos de homenaxe ao mestre Sousa Morais. Amais mañá ás 22.30 h haberá un concerto da Banda Sinfónica do Exército Portugués no Teatro Municipal de #Tui. As entradas, de balde, poderanse retirar dende ás 22 h. Falamos da figura do mestre valenciano Sousa Morais e dos actos previstos con José Monte, vereador de Cultura de Valença, Narciso Luís Esteves, historiador, e co mesmo Silas Oliveira.