Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Pablo Méndez - Espectáculo Quimera
    Dentro da programación das Festas de #SanTelmo Pablo Méndez Performances presenta o sábado ás 21.15 h o seu novo espectáculo "Quimera". Será na rúa Ourense, xa que por necesidades técnicas e espazo para público, apostouse por este emprazamento. O mundo máxico da natureza é o eixo central deste espectáculo que cativará ao público. Unha coidada selección musical, acróbatas, bailaríns... son elementos destacados do show.
    6 min
  • Ent. Andrea Costas, dtora de Arraianos - Premios da ruta TuiTapa
    Máis de 3 mil papeletas participaron esta mañá no sorteo da ruta TuiTapa celebrada ao longo do mes de marzo en establecementos tudenses coa organización do festival Arrianos. A súa directora, Andrea Costas, facía hoxe balance positivo desta iniciativa ao tempo que daba conta dos premios das tapas que onte entregaron xa a La de Manu, El Molino, Santiamén, co primeiro, segundo e terceiro premio, respectivamente. Houbo amais dez finalistas. O premio do público foi por esta orde para El Molino, O Novo Cabalo Furado, e El Pórtico.
    Na nosa sintonía realizouse esta mañá o sorteo entre esas 3 mil papeletas dos que participaron na ruta.
    9 min
  • Ent. Jesúz Vaz de Coplegal - Cartel da RMT
    A empresa Coplegal de Jesús Vaz e Manuel González realizaron un rótulo da Radio Municipal de Tui, que nos entregaron hoxe cando cumprimos 26 anos de Radio. Suso forma parte da familia da RMT xa que foi un dos locutores nos primeiros anos. Grazas!
    4 min
  • Ent. Jorge Fernándes de Casa DiMamma - Pizza solidaria pro Mozambique
    Hoxe dende ás 20.30 hora española na Tratoria Casa Di Mamma haberá un evento solidario Pro Mozambique. 30 pizzeiros de Portugal preparán pizzas que venderán ao prezo de 5€. Os cartos recadados serán doados a Cáritas con destino a Mozambique. Así nolo contou Jorge Fernándes. A solidariedade poderá ter premio xa que sortearán un bono de 5 días de vacacións en Portugal ou illas.
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…