O curso 2018/19 segundo Víctor Rodríguez tamén comezou con normalidade no CEIP de Guillarei onde a colocación dun ascensor foi a obra destacada acometida nos últimos meses. Están pendentes de pequenos arranxos ao longo do curso. A matrícula baixou ata os 99 alumnos, 5 menos que o curso pasado.
Luís Ruíz, director do CEIP nº2, tamén salientou a normalidade, ilusión e inquietude co que arranca este curso escolar 2018/19. A matrícula baixou ata 425 alumnos, e teñen tamén 1 profesor menos. No verán susbtituíronse fiestras, o comedor novo,... e sempre son necesarios arranxos dado os anos que ten o centro, e aspiran a contar cun espazo cuberto entre o colexio e o novo comedor, preciso sobre todo no inverno. Seguen a botar de menos a figura do conserxe no centro.
No Cra Mestra Clara Torres, a súa directora Teresa Domínguez, apuntou tamén a normalidade e o incremento lixeiro na matrícula con 6 alumnos. En canto as obras realizadas lembrou as acometidas na aula de Guillarei que se vira afectada pola explosión de Paramos. Queda pendente acondicionar o patio de Ponte Internacional que se realizará ao longo do ano.