Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Michigan - Actuación con Javier Gurruchaga
    Michigan actuou o domingo de San Telmo xunto a Javier Gurruchaga, un dos seus ídolos, interpretando "Viaje con nosotros". No programa "Día a Día" contounos como foi esta experiencia que non esquecerá e tamén dos seus proxectos.
    7 min
  • Ent. Suso Pando - Documental sobre o pintor Antonio Fernández
    Hai tempo que o actor Suso Pando se meteu na pel do pintor Antonio Fernández dándolle vida na peza teatral elaborada dentro dos actos de homenaxe co gallo do 132 aniversario do nacemento do pintor realizados en 2014. Agora púxose ao fronte dun equipo para dirixir un documental sobre o pintor Goianés que foi estreado o pasado domingo. Hoxe falounos de cómo se xestou o proxecto e da acollida que tivo.
    13 min
  • Ent. Santiago Fernández Dávila - Polémica tesoureiro
    O voceiro do PP de Salceda, Santiago Rodríguez Dávila, referiuse hoxe na nosa sintonía á polémica xurdida nos últimos días en Salceda entorno á convocatoria dunha praza de tesoureiro de habilitación nacional, que non recibiu o respaldo da oposición en pleno.
    14 min
  • Ent. Mila González, voceira CsT - Rolda Abril
    Hoxe continuamos a rolda de conversas cos grupos municipais presentes na corporación municipal de Tui que iniciamos en abril. Esta mañá foi a quenda de Mila González, voceira de CsT, e concelleira de Educación, Mercado, Persoal e Formación e Emprego.
    18 min
  • Ent. José Romero e Pedro Romero, B&A Formación - Curso de Iniciación á Robótica do Espazo Xove
    O próximo xoves dará comezo no Espazo Xove de Tui un curso de iniciación a robótica, gratuíto. Estará impartido por José Romero e Pedro Romero de B&A Formación. Contará dunha parte teórica e unha práctica e ademáis construirán o seu propio robot.
    É un curso básico para persoas de idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos que queiran iniciarse no mundo da robótica.
    16 min
  • Ent. Marina Cruces - VI Cata de Colleteiros de San Telmo
    Tras dous anos de parón o domingo de San Telmo celebrouse a VI Cata de Colleiteiros, na que participaron 13 colleteiros, e cataron 16 viños. Marina Cruces, promotora desta actividade, daba conta dos premios outorgados a tres viños brancos e tres tintos.
    Gañadores brancos: 1.Furancho Trigal de Caldelas; 2. Antonio Campero de Pazos de Reis e 3. Serafín Ocampo de Caldelas
    Gañadores tintos: 1. Alberto Romer de Randufe; 2. Rosa María González Núñez de Caldelas e 3. Moncho Fontán de San Bartolomeu.
    11 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…