Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Programa Especial Día das Letras Galegas
    Neste 17 de maio na Radio Municipal de Tui fixemos un programa especial co gallo do Día das Letras Galegas.
    Achégamonos á XXII Feira do Libro Galego no Paseo da Corredoira en Tui. Falamos co Concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, coa escritora Iria Misa, que leu o pregón deste ano, con Pili Fernández da Librería Iris e con Javier Oliveira de Espazo Lector Nobel.
    Coñecemos a figura de Antón Fraguas, e tamén como se celebra este día na comarca. E falamos con Nel Barral, profesor, da iniciativa realizada non IES de Oleiros.
    1 hr 49 min
  • Ent. Lino Martínez, XVIII Romaría do Cabalo
    Este fin de semana celébrase a décimo oitava edición da Romaría do Cabalo da peña cabalar Valle del Louro
    Dará comezo o venres ás 21.30h cunha cea e gincana con premios para os gañadores. A partir das 12 haberá música coa actuación dun DJ. A fin de semana serán os pratos fortes da cita, que comeza o sábado co RAid e pola tarde ruta cabalar, pola noite haberá un espectáculo de Miron Bococi e actuación da orquestra talismán.
    O domingo comeza a xornada ás 10.00h co concurso de enganches pola mañá e a final ás 16.30h. Pola tarde haberá carreira de ponys e a exhibición de burros.
    12 min
  • Ent. Manuel Lage, organizador - I Encontro Volkswagen Ibérico Tui- Valença
    42 escaravellos de Galicia e Portugal participarán esta fin de semana no I Encontro Volkswagen Ibérico Tui- Valença. O sábado será en Tui, cunha programación que arranca ás 16.00h coa recepción dos vehículos Volkswagen escaravello, depois subirán o Monte Aloia e a partir das 20.00h volverán a Tui.
    O domingo o evento transcorrerá en Valença, a partir das 10.00h (HP) coa visita pola muralla, ás 11.15 será a saída cara o Miradoiro do monte do Faro e remataran cunha comida na Quinta do Prazo de Valença.
    5 min
  • 26M Ent. Jorge Lima, nº2 do Partido Popular de Tui
    Completamos a rolda de conversas cos membros das seis candidaturas que concorren ás eleccións municipais en Tui con Jorge Lima, nº2 do Partido Popular. Os temas que tratou foron Cultura e Deporte, Turismo, Servizos Sociais, Patrimonio Cultural e Natural e Eurocidade.
    23 min
  • Ent. Mané Villa, pte A.C. Pintor Antonio Fernández - Pres libro “Historia da navegación de cabotaxe no río Miño”
    Este venres, ás 19 h, preséntase na cantina do Centro Goianés o libro “Historia da navegación de cabotaxe no río Miño” do tudense Ernesto Iglesias Almeida. O acto está organizado pola Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández, dentro da iniciativa que levan a cabo cada ano de publicar un libro co gallo do Día das Letras Galegas. Falounos desta publicación Mané Villa, presidente da Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández
    7 min
  • Ent. María Cabaleiro, Andrés Cordeiro e Paula Estévez - Campaña crowfunding para edición de libros
    A tudense María Cabaleiro, Andrés Cordeiro e Paula Estévez, xunto Hugo Fernández, forman a empresa Micogalicia Plantae SL asociada á Universidade de Vigo. Hoxe presentáronnos no programa Día a Día o libro coloreable “A miña primeira guía micolóxica: macrofungos micorrícicos”. Tamén nos explicaron a campaña de crowfunding que teñen en marcha para poder editar tres libros máis que completan a colección, cogomelos saprotróficos, domesticados e parasitos
    16 min
  • 26M Ent. Yolanda Rodríguez, nº2 PSOE Tui
    Yolanda Rodríguez, a nº2 da lista do Partido Socialista en Tui foi entrevistada hoxe no programa Día a Día dentro da programación especial co gallo das eleccións do 26M. Os temas que abordou foron Cultura e Deporte; Turismo; Servizos Sociais e Emprego e Vivenda.
    Patrimonio Cultural e Natural
    23 min
  • 26M Tui Ent. José Manuel Palacín, nº3 Converxencia 21
    No tempo de entrevistas co gallo das eleccións do 26M hoxe falamos con José Manuel Palacín, nº3 de Converxencia 21 en Tui. Os temas abordados foron Cultura e Deportes; Servizos Sociais; Emprego e Vivenda; Principais problemas de Tui e solución aportada e no caso de non haber maioría absoluta cal sería súa postura ou dispoñibilidade para formar goberno.
    23 min
  • 26M Ent. Paula Álvarez, nº2 de En Marea Tui
    Paula Álvarez, nº2 de En Marea Tui, foi entrevistada hoxe no programa Día a Día. Os temas que abordou foron Urbanismo, Patrimonio cultural e natural, Emprego e vivenda, e cales son os prinicipais problemas de Tui e solucións, e cara onde ten que camiñar Tui
    19 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…