Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,209 episodes available.
October 02, 2018Ent. Miguel Ángel Capón, alternativa tudenseCoincidindo co primeiro ano de goberno do actual alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, nos continuamos coa rolda de entrevistas da oposición, onte falabamos con Laurano Alonso de Son de Tui, e esta mañá tivemos connosco a Miguel Ángel Capón, voceiro de alternativa tudense....more23minPlay
October 01, 2018Ent. Miguel Garrido, DronegalCo avance da tecnoloxía o uso dos drons ampliouse e pasa de ser un utensilio para fotografías e vídeos a unha ferramenta para diversos usos profesionais. Na actualidade pódense utilizar entre outras cousas para estudos e medicións, inspeccións de estruturas, cartografías, topografía.. É por iso, que a lei trata de concretar cada vez máis o uso estes aparellos. Estivo esta mañá connosco Miguel Garrido, o presidente de traballos técnicos con drons Dronegal, quen nos explicaba o que esixe a lei para poder manexar un dron....more14minPlay
October 01, 2018Ent. Rosa Base Xosé Monte - Exposición de radios en ValençaHoxe inaugurase en Valença unha exposición de radios antigas pertencentes a Sansón Bas- a mostra, que se podrá visitar no arquivo municipal de Valença, conta 483 radios antigas, a maioría delas en funcionamento. Pertencen a Sansón Bas polo que esta mañá a súa filla Rosa Bas xunto a Xosé Monte, variador de cultura da cámara de Valença estiveron na nosa sintonía para falarnos desa exposición e da figura de Sansón Bas, moi coñecido en Valença....more12minPlay
October 01, 2018Ent. Laureano Alonso- Son de TuiFalabamos esta mañá con Laureano Alonso para tratar asuntos de interese do concello na actualidade, quen aseguraba que nunca houbo no concello de Tui tal clima de crispación coma nesta momento. Apuntaba ademáis o voceiro de Son de Tui que no concello constan informes de que o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, obrigou a técnicos municipais a levantar precintos na pirotecnia de Baldráns sen o consentimento da xuíza polo que auguraba a súa imputación e por conseguinte, a perdida do seu cargo....more23minPlay
September 28, 2018Ent. Lino Martínez - XII Xogos Europeos de Policias e bombeirosEste domingo 30 rematan os VII Xogos Europeos de Policias e Bombeiros que se celebran en Alxeciras, unha competición con máis de 180 eventos de 60 deportes diferentes. A Eurocidade Tui- Valença estivo representada polo policía tudense Lino Martínez. O policia de tui acadou a medalla de prata en Judo e se fixo co título de campión de Europa en Newasa. Participou tamén en Juijitsu onde subiu o terceiro caixón do podium....more10minPlay
September 27, 2018Noticias 13.30h - Xoves 27 de Setembro de 2018A actualidade deste 27 de setembro en Noticias 13.30h...more21minPlay
September 27, 2018Ent. Milucho Romero e Santiago Gavín - As Penizas FolkO festival As Penizas Folk celébrase este venres e sábado no monte das Penizas en Paramos. Haberá música pero tamén gastronomía, feira de artesanía e solidariedade, xa que todo o recadado nesta edición irá destinado aos afectados pola explosión no Barrio da Torre. O venres, a partir das 21.00h habrá concerto de Xulio Lorenzo e Pelapau. O sábado a 12.00h tocarán os treboeiros da Muimenta e os Estralos. Pola tarde, presentación do festival a cargo de Andrés Giráldez e concerto de Repitroca, Cuncheiros, Os Carunchos e Uxía....more16minPlay
September 26, 2018Ent. Agustín Ferreira, presidente Anabam - Exposición Marcas dos PescadoresO pasado sábado inaugurábase na casa dos Alonso a exposición Marcas de Pescadores de Povoa de Varzim e da Guarda, un acto que se acompañaba dunha travesía e a chegada ao porto da embarcación tradicional Fe em Deus na que puideron participar varios veciños da Guarda. A mostra exposta dende o sábado, recolle fotografías de aparellos de pesa, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pescadores....more11minPlay
September 24, 2018Ent. Laura Villaverde, actriz Artesa Cia - Compañía Artística InterdisciplinarPoesía, teatro, cine, música ou debuxo son algunhas das disciplinas que poden participar no curso “ Compañía artística interdisciplinar” organizado por Espazo xove de Tui e que impartirá a actriz da compañía Artesa Cia, Laura Villaverde, quen estivo con nos esta mañá para explicarnos en que vai consistir....more11minPlay
September 21, 2018Ent. Anahil González de Espazo Vip e Mónica Rodríguez de Vontade - II Barbeiros SolidariosDende as 11.00h deste domingo a praza do Seixo converterase nunha perruquería na segunda edición de barbeiros solidarios, un evento organizado pola perruquería espazo Vip no que todo o recadado se destinará a asociación Vontade. Anahil González da perruquería Espazo Vip que organiza o evento e Mónica Rodríguez de Vontade explicáronnos como vai ser o evento no que participan máis de 30 perruqueiros....more1hPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,209 episodes available.