O domingo 28, domingo de San Telmo, vaise celebrar a VI Cata de Colleteiros de San Telmo. Esta iniciativa busca por en valor o viño dos colleiteiros tudenses tanto de viños brancos coma tintos. Os que desexen participar deben deixar un par de botellas en Tapas e Viños, na praza de San Fernando, onde se vai celebrar a cata, até o sábado 27. Un panel de cata profesional será quen valore despois estes viños.