Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Ángel Sánchez, codirector Play - Doc - Play- Doc
    Mañá ás 20.30h arranca o festival Play- Doc co acto inaugural e acto seguido a proxección da película A Story From África, unha historia que a través de fotografías recorda o momento no que as grandes potencias europeas tomaban o control das colonias en África.
    Na mañá de hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival, falounos dese compromiso que ten play doc co cinema en galego.
    10 min
  • Carlos Blanco e Manuel Santos - Candidatura ACITUI
    Esta semana falabamos cun grupo de comerciantes que se van a presentar as eleccións da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, Acitui, que plantexaban a súa postura con respecto á antiga directiva. Falaron tamén da situación da asociación dende que o pasado 9 de xaneiro a xunta directiva dimitiu e da posterior asemblea na que non se chegou a ningún acordo.
    Na mañá de hoxe, Juan Carlos Blanco, presidente en funcións de ACITUI daba o seu punto de vista.
    11 min
  • Ent Julia Rodríguez - 4ª Fase do concurso Recantos do Luar
    Julia Rodríguez intepretará "Alma, Corazón e Vida" o próximo venres, 5 de abril, na cuarta fase do concurso Recantos do Luar. Hoxe contounos coma se presenta esta actuación, na que o apoio do público será moi importante para estar entre os oito concurso que pasen a seguinte fase.
    5 min
  • Ent. Ana Carpintero e Fran García - Novidades de Somos Océano
    Calcetíns con percebes, suadoiras Merda, camisetas morriña... son algúns dos produtos de Somos Océano. A firma que comezou a súa andaina en 2016 logrou facerse xa un oco no mercado non se de Galicia senón tamén en Madrid, e no País Vasco, onde na próxima semana sumarán un punto de venda en Bilbao. Amais de na súa web. Ana Carpinteiro e o tudense Fran García presentáronnos hoxe as novidades de Somos Océano.
    14 min
  • Agostinho Correia - Feira da Foda
    Dende hoxe, e durante toda a fin de semana, Pias, en Monçao, celebra a Feira da Foda, unha festa que acolle gastronomía, historia e tradición. Dela nos falou esta mañá un dos seus organizadores.
    7 min
  • Ent. Charo Tabales, concelleira Cultura - Mostra da Camelia
    O Concello do Rosal acolle este fin de semana a Mostra da Camelia con preto de 400 exemplares desta flor.
    O acto inaugural será o sábado ás 13.00h onde tamén se entregaran diplomas os expositores participantes. O horario para visitar a exposición será o sábado de 16.00h a 20.00h e o domingo de 10.00h a 13.00h. e de 16.00h a 20.00h.
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…