Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Pablo Comesaña, productor de Play - Doc - Play- Doc 2019
    A 15 días de que comece o festival Play - Doc, a organización fai un chamamento tanto a persoas interesadas en participar como voluntarios ou como supporters. Ademais, as inscrición para os talleres e obradoiros do festival, xa están abertas.
    Pablo Comesaña, productor de Play - Doc, detallou os requisitos.
    13 min
  • Ent. Patricia Rodríguez, Acubam e Sandra González, alcaldesa de Tomiño - XVI Mostra de Cultivos do Baixo Miño
    Mañá comeza a Mostra de cultivos do Baixo Miño no Pavillón de Goian coa intención de pór en valor o sector do agro da comarca traballando a partir de conceptos como sustentabilidade social e ambiental.
    Ás 12.15 h terá lugar a presentación da misión comercial inversa que se realizará no sur de Galicia e no norte de Portugal. O obxectivo é contribuír ao posicionamento sectorial traendo a potenciais compradores e clientes estranxeiros ao territorio para que coñezan de primeira man os produtos e servizos da contorna, buscando así novas oportunidades de negocio. Ademáis, haberá un workshop de oportunidades de formación e emprego no agro. O resto da fin de semana está pensada para o público en xeral con citas coma os dous showcooking co chef Iván Méndez ou os xogos e talleres para nenos cunha temática vinculada principalmente aos cultivos e á froita.
    19 min
  • Ent. Eduardo Fernández, de Biciosos - VIII Eurocidade BTT
    1.200 inscritos, o máximo establecido, hai na VIII Eurocidade BTT que se celebra este domingo organiza polo club Biciosos. Unha proba que partirá ás 9 h dende a piscina de Valença. O sparticipantes poderán optar polo percorrido longo de 77 quilómetros ou polo curto de 45. Percorrerán as rúas de Tui, Valença, pasarán pola vella Ponte Internacional, e subirán ao Monte Aloia e ao Monte Faro.
    13 min
  • Ent. Eduardo Rodríguez "Tatán", Tanxarina - Programación cultural
    O conto de Carlos Casares “A Galiña Azul” chega mañá ás 20 h ao Teatro Municipal de Tui da man de Tanxarina Títeres. A veterana compañía redondelá presenta unha adaptación deste texto coa dirección de Cándido Pazó e con Eduardo Rodríguez "Tatán", Miguel Borines e Andrés Giráldez como actores e manipuladores dos monicreques.
    8 min
  • Ent. Manuel Pereira, presindete da Comunidade de Montes de Areas - Día da Árbore
    As comunidades de montes veciñais en Man Común de Malvas, Pexegueiro, Randufe e Areas convidan a todos os nenos e nenas a deixar a súa pegada ecolóxica nunha plantación de frondosas no monte comunal de Areas. Será este sábado ás 16.00h en Malvesada.
    Ademáis, habera despois unha charla baixo o título “A tecnoloxía natural que coida de nós” a cargo de Manuel Domínguez Rey.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…