Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Alumnado do CEIP nº1 - Reforestación Plantación Poética
    O alumnado do CEIP nº1 de Tui vai celebrar este venres unha "Reforestación Poética" no monte de Areas a carón do Viveiro Forestal co que van celebrar tanto o Día Mundial dos Bosques coma o Día da Poesía. Darán lectura a un manifesto e a poemas, amais de contar cunha charla sobre cómo plantar unha árbore, que logo porán en práctica. Pecharán con música da man da Gramola Gominola. Hoxe nolo contaron Martín Rosada, Triana Castro, Iria González e Xavi Maquieira.
    8 min
  • Ent. Santiago Pose, Xefe de Servizo do Centro de Saúde de Tui - Dimisión Xefes de Atención Primaria
    22 xefes de servizo de atención primaria presentan a súa dimisión definitiva. Dimitiron por primeira vez hai tres meses, pero o SERGAS non o aceptou e comezaron a manter conversacións a partir das que, o Sergas, asumiu o compromiso de preparar un novo modelo de atención primaria atendendo ás necesidades solicitadas polos médicos. Onte volveron a dimitir, nesta ocasión, de xeito irrevogable. Sobre este asunto falou hoxe na RMT o Doutor Santiago Pose, xefe de servizo do centro de saúde de Tui.
    10 min
  • Ent. Marcos Orsi, actor - Senior
    "Senior" é o título da comedia que mañá ás 21.30h presenta Culturactiva no Teatro Municipal de Tui. Con moito humor abordan a chegada aos 50 anos, e fano cos actores Luís Iglesias e Marcos Orsi. Este último falounos da obra que estreada hai un ano e que mañá chega a Tui.
    6 min
  • Ent. Estrella Muradás e Paula Guerreiro, concelleira e técnica de Servizos Sociais - Día Internacional da Muller
    Co gallo do Día Internacional da Muller que se celebra este venres, o concello de Tui ten previstas varias actividades organizadas pola concellería de servizos sociais.
    Xa dende mañá pola noite e o venres a Área Panorámica iluminarase de lila ao tempo que se colocarán pancartas conmemorativas na fachada deste edificio e tamén da casa do concello.
    Ademáis, o venres ás 12.30 h na praza do Concello haberá unha concentración, e será lido un manifesto a cargo da directora do CRA Mestra Clara Torres, Teresa Domínguez.
    6 min
  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Día Internacional da Muller
    Obradoiros de igualdade de xénero, unha charla de Ianire Estébanez, talleres para profesorado, unha representación teatral e un mural conmemorativo forman parte das actividades co gallo do 8M en Tomiño.
    Esta semana concretamente terá lugar, o xoves, unha concentración con lectura de manifesto, o venres ás 12 da mañá. O domingo, tamén englobado nas actividades do Día da Muller, ás 18.00h o auditorio de Goian acollerá a obra “Trinta e tantos ósos da compañía Aporía Escénica.”
    8 min
  • Ent. Eduardo Freiría, concelleiro Cultura Tui - Entroido 2019
    Mañá ás 12 h do mediodía tomarase a decisión, función da previsión do tempo, de se pola tarde se celebra ou non o Desfile-Concurso de Entroido. Así o explicaba o concelleiro de Cultura, Eduardo Frería. De suspenderse adiarase para o domingo 17 deste mes.
    Está prevista a participación de 850 persoas e 13 carrozas pertencentes a 10 comparsas de Tui, Tomiño, Salceda, Gondomar, e Redondela
    4 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…