Este venres a partir das 18.00h terá lugar, na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, a Asemblea Xeral da Asociación Párkinson Baixo Miño con 5 puntos na orde do día.
Despois da Asemblea haberá unha charla-coloquio a cargo da fisioterapeuta da asociación, sobre técnicas de mobilización e mellora da calidade de vida das persoas con párkinson e outras enfermidades.