Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - IV Semana da educación
    318 persoas van participar esta semana na IV Semana da Educación de Tomiño que se celebra este ano baixo o título “Educación activa, sociedade proactiva”. A cita será cada día ás 19h no Auditorio de Goián.
    Ademais, aproveitaba a alcaldesa para anunciar que se volve a presentar as eleccións municipais como cabeza de lista do BNG.
    10 min
  • Ent. Marisol González - Festas na honra a Virxe da Saúde do Rosal
    Este fin de semana celébrase a festa na honra á Virxe da Saúde no Rosal que comezará esta mesma tarde coa Treboada do Alivio e a tradicional subida do Arco ás 18.00h. O sábado e o domingo haberá misas rezadas as 10.00h 11.00h e 17.030h e misa solemne as 12.00h. Ademáis o sábado haberá verbena con Gran Parada e Trébol e o domingo concerto da Agrupación Musical do Rosal.
    4 min
  • Ent. Manuel Rodríguez, Centro de Estudos Rexionais Galicia- Norte de Portugal - Xornadas de Turismo Transfronteirizo
    Hoxe están a ter lugar no Castelo de Vila Nova de Cerveira as Xornadas de Turismo no contexto transfronteirizo Cerveira – Tomiño.
    No acto, que comezou as 9 desta mañá, déronse cita diferentes axentes relacionados co turismo que deron a coñecer as súas propostas para unha oferta común entre o territorio da Eurocidade. Houbo dúas mesas de traballo ó longo da mañá, unha sobre natureza, cultura e paisaxe e outra sobre a demanda e oferta turística. Alí estiveron a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o presidente da cámara de Vilanova, Fernando Nogueira e o director da AECT Rio Miño, Uxío Benítez. Un dos encargados da organización destas xornadas, Manuel Rodríguez, da fundación centro de estudos rexionais Galicia norte de Portugal, daba conta da importancia deste evento.
    9 min
  • Ent. Diego Rey de Talía Teatro - O servidor de dous amos
    Talía Teatro presenta mañá venres, ás 21.30h, no Teatro Municipal a comedia "O servidor de dous amos". A compañía galega trae á actualidade o clásico de Goldini, nunha obra que ten a peculariedade de que actúa toda a compañía co gallo do seu 30 aniversario. Así nolo contou o seu director Diego Rey, quen tamén sobe ao escenario neste espectáculo.
    6 min
  • Ent. Severino Oliveira - O burro Platero
    Hoxe na nosa sintonía falamos de Platero, pero neste caso non é o Platero do que falaba Juan Ramón Jiménez, sino o Platero de Severino Oliveira, un veciño de Goian que acaba de mercar un burro para que lle faga compañía. É un exemplar de “Equus africanus asinus”, en perigo de extinción na actualidade dado que, segundo os últimos datos hai censados en España preto de 30.000.
    Agora, Platero xa está adaptándose a vida en Goian xunto a Severino
    8 min
  • Ent. Teresa Domínguez, directora CRA MestraClara Torres, Mila González, concelleira de educación - Escola de Nais e Pais
    Este mércores comeza na Radio Municipal de Tui a Escola de Nais e Pais "Pensando nunha nova educación" que se vai desenvolver os derradeiros mércores de cada mes até o mes de xuño. Serán seis sesións onde expertos sobre asuntos relacionados coa educación darán charlas e responderán as dúbidas que os ointes poidan ter en relación a temática de cada sesión.
    22 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…