Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Nieves Rodríguez, actriz - Redrum con Invisibles
    Ás 21.30h a compañía Redrum Producciones de Santiago de Compostela presenta no Teatro Municipal de Tui "Invisibles". A obra está baseada no libro homónimo de Montse Fajardo. Está dirixida por Marián Bañobre e interpretada por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez.
    As entradas están á venda en www.culturatui.info ata ás 12h, e dende ás 20h no despacho de billetes, aos prezo de 6€ e 5€.
    9 min
  • Ent. José Monte, vereador de Cultura de Valença - Bacallau e San Teotonio
    O bacallau será o protagonista esta fin de semana en Valença, xa que será o prato destacado en 24 establecementos hostaleiros do municipio, que ofrecerán entre outras preparacións o Bacallau ao San Teotonio.
    No menú estará tamén o Caldo Verde de Valença, elixido coma unha das Marabillas Gastronómicas de Portugal. E coma sobremesa estarán os “Borrachinhos de Valença”. Contounolo José Monte, vereador de Cultura de Valença, quen tamén nos deu conta das celebracións de San Teotonio que comezan o sábado.
    10 min
  • Ent. Lupe Pérez, Asociación Afectados Paramos-Guillarei - Concentración en Pontevedra
    A Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei vaise concentrar mañá, ás 11 h en Pontevedra diante do edificio da subdelegación do Goberno.
    Segundo explican nun comunicado con esta acción queren reivindicar que, pese ás reunións mantidas coa subdelegación tanto antes como despois da redacción do Real Decreto-lei 2/2019, de 25 de xaneiro, as necesidades dos veciños de Paramos máis afectados pola explosión seguen sen ser atendidas. Así nolo explicou hoxe Lupe Pérez.
    12 min
  • Ent. David Bueno - IV Semana da Educación de Tomiño
    Hoxe remata a IV Semana da Educación en Tomiño que deu comezo este luns. Durante estes días déronse cita, Coral Regi, Jorge Úbeda e Iria Marañón, que falaron da educación mais aló das modas, a educación nos centros escolares ou a educación en igualdade.
    Hoxe pecha este ciclo de conferencias con David Bueno, doutor en bioloxía e profesor de xenética na Universidade de Barcelona, cunha charla baixo o título “Sorpresa! Que quere aprender o cerebro” na que tratará de dar as claves para sacar o mellor proveito dos procesos de aprendizaxe.
    17 min
  • Ent. María torres, compañía Elefante Elegante - Programación cultural
    "Patapatúm" da compañía Elefante Elegante chega mañá o Teatro Municipal de Tui as 20.00h. É unha reflexión sobre o tempo, a crianza... un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos. María Torres e Gonçalo Guerreiro son os autores da obra, que tamén dirixen xunto a Pablo Sánchez. Amais María Torres e Gonçalo Guerreiro soben ao escenario con Agustín Bolaños, conformando o elenco do espectáculo.
    4 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro - Candidato á alcaldía de Tui
    Enrique Cabaleiro volve a encabezar a lista do Partido Socialista en Tui para ás eleccións municipais do 26 de maio. Hoxe na nosa sintonía deu conta de que esta nova candidatura responde a petición dos seus compañeiros de partido, di ademáis, que o afronta esta candidatura con moita ilusión pero tamén con moita responsabilidade
    21 min
  • Ent. César Pérez Ares, Xefe Territorial de Educación - IES San Paio
    A pasada semana o IES San Paio sufría as consecuencias das intensas chuvias. As instalacións do centro sufriron goteiras que se converteron en filtracións preto das instalacións eléctricas e que provocaron o peche de varios corredores e desprendementos do falso teito.
    Na mañá do venres a unidade técnica da Xunta de Galicia desprazouse até alí para analizar os desperfectos e buscar o foco do problema, neste caso, un problema de mantemento.
    6 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…