Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Teresa Pérez, Concelleira de Cultura de Salceda - Entroido 2019
    Daba comezo esta mañá o entroido en Salceda con mais de 1.200 nenos e nenas recorrendo as rúas salcedenses.
    Un ano máis Salceda aposta por recuperar tradicións, co enfrontamento dos barrios de A Feira e Catro Barreiro.
    O sábado pola tarde haberá un concerto da banda de música, e o domingo o XXI desfile de carrozas e comparsas coa participación de 13 agrupacións. Como novidade este ano haberá un “Baile anos 70”, o domingo ás 22:00 na Praza do Concello.
    5 min
  • Ent. Elena Baz, Concelleira de Cultura A Guarda - Entroido 2019
    Está mañá daban comezo as actividades de entroido no Concello da Guarda co "desfile dos coles" que recorrían as rúas do municipio dende a Alameda de A Guarda até a Esquina do Galo.
    Dende mañá até o martes teñen programadas máis actividades, o sábado dan comezo coa apertura do Skate Park e o "Sábado de Guateque", e o domingo, día dedicado as familias.
    6 min
  • Ent. Cristina Martínez, concelleira Cultura Tomiño - Entroido 2019
    Este venres comeza o entroido en Tomiño co tradicional venres de Foliada que dará comezo ás 21.30h e no que preto de 1500 persoas pertences a 21 comparsas desfilarán polas rúas tomiñesas.
    Tamén celebran o entroido en Goian, a partir do sábado pola mañá con treboadas pola rúa e gran tortillada. Alí rematará o mércores, co tradicional Enterro da Taiña.
    5 min
  • Ent. Charo Tabales, concelleira Cultura - Entroido O Rosal
    Pendentes do tempo están no Rosal para a celebración este domingo do tradicional desfile concurso de Entroido no que participarán máis de 700 persoas das categorías individuais, grupos, carrozas e comparsas, entre as que repartirán 3.500€ en premios. Así o explicaba a concelleira de Cultura, Charo Tabales, quen tamén facía referencia ao Entroido máis tradicional que ten lugar en Fornelos e Novás.
    4 min
  • Ent. Elisa Alfaya, "Cousas de nenos" - Programación cultural
    Mañá hai nova cita no Teatro Municipal de Tui dentro da programación cultural do primeiro semestre do ano.
    A partir das 20h Ian Hamilton e Elisa Alfaya presentan “Cousa de nenos” , un espectáculo para toda a familia no que mesturan maxia e sombras chinescas nunha actuación chea de corido e ilusión.
    8 min
  • Miguel Ángel Rodríguez, "Ideas para tu huerto" - 3º Premio no Concurso Naturgreen
    37 foron os proxectos presentados neste 1º concurso Naturgreen no que participaba a iniciativa emprendedora Ideas para tu huerto de Tui. Presentouse co seu proxecto “Reciclar borra de café cultivando setas” co que conquistou o xurado do concurso formado por representantes de entidades relacionadas coa agricultura e a ecoloxía a nivel nacional. Para este proxecto, colaborou tamén o alumnado e o equipo docente do Ceip Número 1 de Tui.
    13 min
  • Ent. Marta Puig, Directora Xerente da Rede de Xuderías de España Camiños de Sefarad - Tui candidata da Rede de Xuderías
    O Comité de Admisión da Rede de Xuderías de España visitou onte Tui para coñecer o seu patrimonio como parte do proceso avaliador da cidade para pasar a formar parte da Rede de Xuderías de España, cuxa resolución se coñecerá o 27 de marzo.
    Na mañá de hoxe falabamos con Marta Puig, Directora Xerente da Rede de Xuderías de España Camiños de Sefarad, quen valoraba positivamente a visita.
    14 min
  • Ent. Laureano Alonso - Candidato de Son de Tui á alcaldía de Tui
    Laureano Alonso encabezará a lista de Son de Tui ás eleccións municipais de Tui. Agora, dicía hoxe na nosa sintonía, ábrese un periodo ilusionante para tratar conseguir transformar Tui a partir do 26 de maio, e ten por diante tamén un traballo arduo, dicía, para conformar a lista que presentarán. Para isto último dicía conta co traballo xa andado nos últimos anos.
    Sobre as prioridades que ten Tui neste momento citaba dende aparcamento, o Plan Especial ou a prestación de servizos para a infancia e os maiores entre outras.
    19 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…