Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Santi Alonso, do CPA Ribex - Festival de Verán de Patinaxe Artística
    Este ano o Festival de Verán de Patinaxe Artística organizado polo CPA Ribex tamén terá carácter solidario, así nolo explicou coma responsable do club Santi Alonso.
    Terá lugar no Pavillón Municipald e Tui mañá sábado a partir das 19h e a entrada terá un prezo de 2€ íntegros paa os afectados pola explosión no barrio da Torre.
    4 min
  • Ent. Teresa Domínguez, directora do CRA Mestra Clara Torres - Festa Solidaria da Piragua
    Este domingo o deporte tamén é solidario coa Festa da Piragua, que sairá dende a Ribeira de Caldelas ás 11h para facer unha baixada polo Miño ata Guillarei. Pódese participar con kaiak propio ou cun dos proporcionados pola organización e todo o racadado irá para os afectados pola explosión no barrio da Torre. As reservas pódense realizar no 619 04 73 72.
    Trátse dunha iniciativa da Comunidade De Montes de Guillarei, a Asociación de Veciños de Guillarei, a ANPA Tide e o CRA Mestra Clara Torres e colaboración con VerdeAzul.
    4 min
  • Ent. Marta Álvarez, Martín Álvarez, Iria Moledo, Carlota Sío e Gabriel Gómez, CEIP Nº1 - Xornada Científico-Tecnolóxica
    Os alumnos do CEIP Nº1 realizarán o mércores 20 de 13.15h a 14h unhas xornadas científico-tecnolóxicas nas que mostrarán moitos dos proxectos que nos levan traballado e investigado durante todo o curso.
    Algúns dos nenos estiveron está mañá na RMT explicando en que consistirán os stands dos seus cursos xunto coa profesora e xefa de estudos do centro, Marta Álvarez. Martín Álvarez, de 2º, Iria Moledo e Carlota Sío, de 3º, e Gabriel Gómez de 5º contáronnos o que se poderá ver nos seus stands.
    10 min
  • Ent. Marita Alonso, de Miscapisca - Quedada do Día Mundial de Tecer en Público
    Mañá sábado ás 16.30h terá lugar no Paseo Fluvial unha quedada polo Día Mundial de Tecer en Público. É un acto gratuíto aberto a todo aquel que desexe pasar un bo rato tecendo e compartido ideas, merendar, aprender estiramentos e participar nos sorteos organizados.
    Esta actividade está organizada por Marita Miscapisca, ARTElier e MyR Abalorios coa colaboración de Mercería Fiadeiras e Osteopatía Tui.
    7 min
  • Ent. Miguel Capón, de ALT - Catástrofe de Paramos e Orzamentos
    Unha catástrofe das dimensións xurdida tras a explosión do pasado 23 de maio en Paramos supera a calquera goberno municipal. Así o afirmaba hoxe o voceiro de Alternativa Tudense, Miguel Capón, quen sinalaba a colaboración total da xunta de portavoces, onde dos distintos grupos xurdiron parte das acción que se están a realizar coma o Fondo de Emerxencia, a convocatoria da Xunta Local de Seguridade, ou a contratación dun asesor en seguros. Tamén indicaba que no gabinete de crise se propuxo encargar un informe xurídico de a quen corresponde a responsabilidade civil subsidiaria da explosión. Ao tempo que facía un chamamento á prudencia.
    Coincidía con outros voceiros que estiveron na nosa sintonía nos últimos días que a reconstrución vai ser un proceso longo.
    21 min
  • Ent. Sergio Alonso, do Betún, e Su Garrido en directo - Programación Betún 15 e 17 de xuño
    Esta fin de semana a Asociación Cultural Betún ten dúas novas propostas musicais. O prato forte será mañá venres a partir das 22h cun concerto de Su Garrido Pombo, coa que contamos hoxe na nosa sintonía para falar do seu disco "Quedo a vivir aquí", do que amais nos ofreceu algúns temas en directo.
    O domingo na rúa Cuenca estarán 16mm coa súa proposta de violonchelo e theremin.
    19 min
  • Ent. María Esther Ruzo e Sonia Castiñeira - Escola de Hostelería do Baixo Miño
    Dúas emprendedoras están a poñer en marcha no Concello do Rosal, un proxecto para a creación da primeira Escola de Hostelería do Baixo Miño, que contará con espazos para aulas, degustación, demostracións e dúas exposicións permanentes de elementos etnográficos e de viños producidos na comarca. Estivemos a falar desta iniciativa con Esther Ruzo e Sonia Castiñeira.
    10 min
  • Ent. Nando Álvarez, escultor - 3º Simposio de Escultura do Miño
    A 3º edición do Simposio de Escultura do Miño, unha iniciativa conxunta dos concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, está a desenvolverse dende hai uns días no Espazo Fortaleza de Goián. Alí, ata finais de mes seis recoñecidos escultores de distintos países están a traballar en vivo para o público en seis obras que pasarán a formar parte do patrimonio escultórico das dúas vilas.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…