Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. José Prada Álvarez, non adscrito - Traxedia Paramos e Orzamentos 2018
    José Prada, concelleiro e membro do grupo de non adscritos, defendeu a creación dunha comisión con toda a corporación para axilizar determinadas decisións relacionadas con Paramos, e neste senso asegurou que está a completa disposición do alcade dente o primeiro momento. Defendeu amais a contratación de profesionais externos para áreas como urbanismo ou servizos sociais, de modo que os departamentos do Concello poidan ir retomando a normalidade.
    En canto aos Orzamentos de 2018 explicou os motivos que o levaron á abstención.
    18 min
  • Ent. Rubén López, dtor Conservatorio - Concerto de Fin de Curso
    Mañá ás 20.30h o Teatro Municipal de Tui acollerá o concerto de fin de curso do Conservatorio Profesional de Música de Tui. A apertura de portas para a retirada de entradas será ás 19h, e dende ás 19.15h os alumnos e alumnas do conservatorio poderán recoller as cualificacións do cursos.
    O concerto estará dedicado aos afectados de Paramos, e tamén ao profesor Jesús González que se xubila.
    Actuarán 8 alumnos solistas ao piano, a orquestra do conservatorio que intepretará a Primavera de Vivaldi e o coro do conservatorio dirixido por Jesús González. Así o explicaba Rubén López, director do Conservatorio.
    6 min
  • Mª Jesús da Silva, concelleira de Urbanismo e voceira de APTui - Traxedia Paramos e Orzamentos 2018
    María Jesús da Silva, voceira de APTui e concelleira de Urbanismo, asegurou hoxe que a prioridade do seu departamento dende a explosión no barrio da Torre é resolver a situación na zona. Neste senso apuntou que se traballa para formar un gabinete urbanístico externo dedicado en exclusiva a Paramos. Recordaba amais que ao existir un proceso xudicial aberto é a xuíza a que da as autorizacións e marca os pasos a seguir.
    Afirmou, ao igual que outros representantes políticos, que se trata dun problema que Tui arrastrará durante moito tempo e, en canto á criticada aprobación dos Orzamentos, defendeu que o incremento existente con respecto aos anteriores poderá destinarse a ese fin de ser necesario.
    16 min
  • Ent. Laureano Alonso de Son de Tui - Traxedia Paramos e Orzamentos 2018
    A catástrofe de Paramos marcará a xestión dos gobernos municipais de Tui durante moito tempo, así o afirmaba hoxe o concelleiro de Son de Tui, Laureano Alonso. Este feito quedará moi marcado na historia de Tui, e agarda que as axudas dos distintos organismos poidan contribuír a recuperar as vida das persoas afectadas. Por último con respecto á aprobación dos orzamentos municipais no pleno de maio lamentaba que nas contas non se recolla ningunha partida específica para Paramos tal e coma solicitaron.
    19 min
  • Ent. Eriberto García, dtor IGVS - Axudas aos afectados de Paramos publicadas no DOG
    O Dog publica hoxe a orde coa bases que regulan a concesión de axudas aos afectados pola explosión de Paramos do pasado 23 de maio tanto para o alugueiro coma para a reconstrución das vivendas e enxoval doméstico afectados
    Esta mañá o director do IGVS, Eriberto García, lanzaba na nosa sintonía unha mensaxe de tranquilidade aos afectados indicando que van a colaborar en todo para a tramitación destas axudas.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…