Arestora os rapaces do Tyde que participarán no Torneo Internacional de Fútbol de Versmold están a comezar a súa viaxa ata a cidade alemá.
Esta mañá participaron nun acto de despedida no Concello co alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e amais tivemos ocasión de falar con Elías Vieiro, presidente do Club que os acompaña nesta experiencia á que van con idea de revalidar o título.