Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Elena Baz, concelleira de Cultura do Concello da Guarda - Mostra do Traxe Galego e Feira do Libro
    Esta fin de semana A Guarda conta con varias propostas relacionadas coa cultura galega. Mañá sábado terá lugar no exterior do Centro Cultural o Mostra do Traxe Galego organizada polo Concello e a Asociación pola Recuperación do Traxe Galego. Amais o domingo rematarán a semana das Letras Galegas cunha Fira do Libro na praza do Reló, con obradoiros, sesión vermú, xogos populares e concerto de Mamá Cabra.
    5 min
  • Ent. Andrea Pousa - Concerto en Valença co gallo das Letras Galegas
    Valença súmase tamén á celebración das Letras Galegas con gastronomía, libros, artesanía e música mañá á tarde na Fortaleza. Haberá unha demostración de cociña miñota a cargo de Joao Guterres, e outras propostas gastronómicas con Caldo Verde, as pataniscas de bacalhau, a lampreia fumada recheada, os callos ou as madalenas serão. Haberá postos de libros, de artesanía e música tradicional galegas. E amais ás 18.30h hora española no Jardim das Amoreiras actuará Andrea Pousa. Ela mesma falounos deste concerto
    5 min
  • Ent. Julia Sobrino, pta. Agrupación Cultural Guardesa - Letras Galegas
    Mañá ás 17h sairá dende a Alameda o desfile folclórico organizado pola Agrupación Cultural Guardesa dentro das actividades co gallo do Día das Letras Galegas. Os grupos participantes , Ballet Estudio 88 Talent Latino, Grupo de Gaitas da 3ª Idades, Do Lusco ó Fusco, A Boalleira, Anduriñas, A Ribeira do Miño, Churumbela, Xamaraina, Vento Mareiro, Caramuxiñas, Doxe nun Ano e O Trebón dos Xidos.
    Logo actuarán no Auditorio de San Bieito onde se entregarán os premios co concurso de redacción de debuxo que convocou a Agrupación Cultural Guardesa, tal e coma nos explicou a súa presidenta Julia Sobrino.
    4 min
  • Ent. Lali Álvarez, secretaria Agrupación Musical do Rosal - Letras Galegas
    A Praza do Calvario do Rosal acolle hoxe e mañá os actos organizados pola Agrupación Musical do Rosal co gallo das Letras Galegas dos que nos falou a Lali Álvarez, secretaria da Agrupación Musical do Rosal-
    Hoxe dende ás 22.30h actuarán "Coro Fuscalheiro", "QuédeQué" e a popular e televisiva "A Banda da Balbina". Dende ás 21:00 horas haberá Porco ó Espeto a prezos populares.
    Mañá están previstas diversas actuacións e actividades durante todo o día. Terán protagonismo os rapaces e alumnado da escola de música, mediante actuacións da Banda Infantil, Coro Infantil, Grupo de Clarinetes Kla-son, música tradicional con Orballo e As nove alí, etc. Pola tarde actuará "Bemolecontos" .
    3 min
  • Ent. Cristina Martínez, concelleira de Cultura de Tomiño - Letras Galegas 2018
    A praza do Seixo será mañá o lugar onde se celebren as actividades previstas en Tomiño co gallo do Día das Letras Galegas. O programa previsto comezará ás 10.30h coa Feira do Libro que se prolongará ao longo de toda a xornada.
    Amais haberá obradoiros pola mañá e ás 12.30h actuará a Agrupación Musical de Goián. Mentres ás 20h a Casa da Cultura acollerá a Talía Teatro con “Bicos con lingua”. As entradas teñen un prezo de 3€ e poranse á venda ás 19h.
    Deunos conta do programa a concelleira de Cultura, Cristina Martínez.
    3 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…