Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Mané Villa, da Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández - Presentación do libro 'Máis de 800 apelidos galegos'
    Mañá, 16 de maio, preséntase no Centro Goianés o libro "Máis de 800 Apelidos Galegos", escrito por Ernesto Iglesias Almeida. Trátase dunha acción coa que acadar fondos para continuar cos obxectivos da Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández, así como encher de obras as paredes da Aula-Museo de Goián.
    Amais presentarán a reedición da obra de Manuel Fernández Rodríguez "Goyán. Esquema histórico".
    7 min
  • Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Problema Lamiña, Monte Trega, Concepción Arenal, Plan Concellos...
    A situación da zona da Lamiña e o Codesal pola acción do río na beira é o problema máis urxente en solución que ten arestora o Concello da Guarda. Así o afirmaba hoxe o alcalde, Antonio Lomba, indicando que polo momento non teñen unha solución. Calcula que se teñen perdido máis de mil metros de superficie e miles de tonelada de area. Teñen comunicado ao problema as distintas administracións con responsabilidade neste tema. Este foi un dos temas tratados na ampla entrevista mantida no programa Día a Día onde tamén falou das obras na rúa Concepción Areal, do Monte Santa Trega, das praias, do verán, do Plan Concello...
    27 min
  • Ent. Ignacio Tobarra, comandante Naval do Miño - Exercicios do MARSEC 18 no Miño
    Esta semana o Tramo Internacional do Río Miño acollerá por vez primeira dous exercicios conxuntos de seguridade marítima denominados MARSEC-18 que teñen lugar a nivel nacional entre a Armada española e a Portuguesa. Así o explicaba esta mañá o Comandante Naval do Miño Ignacio Tobarra. Hoxe a partir das once terá lugar a primeira das actuación fronte á Comandancia Naval co auxilio dunha embarcación de náutica de recreo tras accidente no río.
    Mentres o xoves executarase a abordaxe a unha embarcación con tráfico ilícito non colaborativo.
    4 min
  • Ent. Alejandro da Cuña - Camiño Solidario
    Alejandro Dacuña leva máis de 400 quilómetros polo Camiño Francés dentro da iniciativa solidaria que está levando a cabo para elaborar un libro sobre esta experiencia. Hoxe saíu dende Sagunto e contounos cómo está a ser a experiencia.
    9 min
  • Ent. Andrez González - IKFEM 2018
    O IKFEM está a traballar para poder celebrar un novo evento este ano na vella Ponte Internacional de Tui. O festival terá lugar do 20 ao 24 de xullo baixo o título "Women sound". A súa directora Andrea González falounos hoxe do reto que supón cada ano mellorar a edición anterior. Tamén lembrou que xa está aberto o prazo para as masterclasses.
    13 min
  • Ent. Ana Fernández, Li Alonso, e Pilar Álvarez - Voluntarios/as para as alfombras do Corpus
    O grupo de voluntarias que asume un ano máis a realización das alfombras florais de Corpus realiza un chamamento a máis persoas para que sumen a este labor. Así nolo contaron hoxe Ana Fernández, Li Alonso, e Pilar Álvarez. O tempo xoga en contra porque teñen xa que comezar a preparar o verde, ao tempo que precisan tamén do verde.
    Estas voluntarias están a traballar no Claustro da Catedral en horario de mañá e tarde,
    6 min
  • Ent. Tino Baz, músico - Cantares do Brueiro en Tomiño
    A música será a protagonista esta fin de semana no Auditorio de Goián dentro da programación de Primavera que organiza o Concello de Tomiño. O domingo ás 19h será a quenda de Cantares do Brueiro, coa posta en escena do obradoiro de canto que dirixe o músico guardés Tino Baz. A entrada será de balde.
    11 min
  • Ent. Carla Pérez, concelleira de Deportes Salceda, Manuel Fernández e José Luis Freijeiro - XI Andaina Concello Salceda
    O vindeiro 19 de maio terá lugar a XI Andaina Concello de Salceda, unha proba incluída na Copa Galega de Andainas e que conta cunha opción de 50 km e outra de 25km.
    Para falar sobre esta cita co deporte estivemos con Carla Pérez, concelleira de Deportes e Medio Ambiente de Salceda de Caselas, e con Manuel Fernández Ramírez e José Luis Freijeiro, que forman parte da organización.
    13 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…