Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Alberto Pereiro Lueiro 'Holly', fotógrafo - Mostra 'Falan de ti, falan de min'
    Mañá sábado, 5 de maio, ás 18.30h na sala de exposicións municipal na Área Panorámica o fotógrafo porriñés, Alberto Pereiro Lueiro “Holly” inaugura a mostra fotográfica “Falan de min, falan de ti”, unha reportaxe fotográfica-documental que, a través do personaxe Pepe Kórdoba "Niño", trata de reivindicar o respecto a todas aquelas persoas que traballan dignamente nas rúas en diferentes actividades e profesións.
    10 min
  • Ent. Yovana Velázquez, Mari Campos, Carni Carnero e Mª del Mar Fandiño - XXII Feira de Artesanía de Tui
    Corenta e dous artesáns daranse cita esta fin de semana no conxunto histórico de Tui na XXII Feira de Artesanía. Este evento está organizado polo Concello de Tui, a través da concellería de Comercio, coa colaboración da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e a Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui. A inauguración terá lugar mañá sábado ás 12h e poderá visitarse tanto mañá coma o domingo de 12 a 22h.
    Da feira falamos coa concelleira de Comercio, Yovana Velázquez, xunto a Mari Campos e Carni Carnero da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño,e Mª del Mar Fandiño de bordado al aire.
    11 min
  • Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Varios
    Hoxe visitou a RMT Sandra González, alcaldesa de Tomiño, coa que estivemos a falar dos asuntos máis importantes na actualidade do seu concello como os avances do proxecto para a Variante de Tomiño, as reunións con representantes do Consorcio da Zona Franca de Vigo ou a inauguración do pantalán accesible no río Miño. Amais a rexedora de Tomiño falounos da ponte peonil, da situación da biblioteca ou dos proxectos inmediatos da man de Vila Nova de Cerveira.
    24 min
  • Ent. Xacobe Morais, coordinador e adestrador da Quinta - Peche da temporada
    Unha longa temporada pero moi especial é a que está a piques de rematar A Quinta de Tui de fútbol sala. O van celebrar este sábado ás 16.30h cunha festa con todos os equipos. Así nolo contou hoxe Xacobe Morais, adestrador e coordinador da Quinta de Tui. Amais este sábado presentarán o albume de cromos do equipo, no que aparecen todos os xogadores dos distintos equipos.
    11 min
  • Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde - Non aprobación dos orzamentos e cuestión de confianza
    Hoxe falamos co alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, logo de que o pasado venres non fosen aprobados os orzamentos de 2018 en pleno. Este negativa ás contas recoñecía que é un golpe importante para a cidade. Dicía que a oposición, pese a incorporar parte das súas propostas, actuou con irresponsabilidade e ánimo de vinganza. Pensará se presenta ou non unha cuestión de confianza, e instaba a oposición a clarificar a súa postura sobre unha hipotética moción de censura.
    12 min
  • Ent. Manel Riveiro - Barbería Solidaria
    Estivemos a falar con Manel Riveiro, de Manel Riveiro Peluqueros, sobre o seu novo proxecto de barbería solidaria. Mañá estarán na praza do Seixo entre as 10h e as 16h a favor de Sos Tomiño-Baixo Miño e para axudar ás familias máis necesitadas da comarca.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…