Este domingo terá lugar o III Trail Monte Aloia, unha proba de 25km organizada pola Comisión de Festas Virxe das Dores de Guillarei. Amais existe a posibilidade de facer o Mini Trail, unha segunda proba cun percorrido reducido de 15km.
Estivemos a falar con José Villaverde, un dos organizadores, sobre os aspectos principais da proba e o prazo de inscrición, que remata mañá.