Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Fran Rodríguez, presentador do programa 'Súper Lembranzas' - Proxecto de recuperación de imaxes La Cinematográfica
    Dentro da programación de Play Doc unha das propostas deste ano é o Día do Cinema Doméstico ou Home Movie Day en colaboración con La Cinematográfica, unha agrupación viguesa que traballa na dixitalización de imaxes.
    Nesta cita co cinema doméstico proxectaranse gravacións antigas de Tui tras a dixitalización de 7.000 metros de películas recuperadas na cidade.
    Estas imaxes formarán parte, xunto ás recuperadas en moitos outros lugares, do programa de televisión “Super Lembranzas”, conducido por Fran Rodríguez.
    11 min
  • Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Orzamentos 2018
    Mañá serán levados a pleno os orzamentos do concello de Tui para 2018, por terceira vez. O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín explicaba esta mañá a importancia de aprobar estas contas polo seu carácter expansivo,
    Amais considera que son os orzamentos de toda a corporación porque nos mesmos recolleu parte das solicitudes plantexadas polos distintos grupos. Considera que se non se aproban non sería o seu goberno o derrotado senón a corporación, e Tui quen sairía perdendo.
    16 min
  • Ent. Alejandro Dacuña "Cuñi" - Proxecto solidario no Camiño de Santiago
    Alejandro Dacuña “Cuñi” pon en marcha esta fin de semana a súa nova iniciativa solidaria, un proxecto que leva xa uns meses preparando e que consistirá en realizar o Camiño Francés até Santiago para despois contalo nun libro-diario.
    O sábado desprazarase ata Roncesvalles, dende onde sairá o domingo coa intención de finalizar o camiño en 27 días. Despois traballará todo o verán nun texto que recolla as súas vivencias e co que recaudar fondos para un proxecto solidario.
    8 min
  • Ent. Sara García, codiretora de Play Doc, Gustavo Beck e Dominic Gagnon - Retrospectivas no Play Doc
    O Play Doc presenta dúas retrospectivas de cine brasileiro programadas por Gustavo Beck: a primeira de carácter internacional sobre Aloysio Raulino e outra a modo de homenaxe a Ozualdo Candeias.
    Estivemos a falar con Gustavo Beck e tamén con Sara García, codiretora do festivas, e con Dominic Gagnon, realizador canadiense que regrasa ao Play Doc por segundo ano consecutivo.
    16 min
  • Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Acto inaugural
    Este xoves arranca a 14ª edición do Play Doc cun acto no Teatro Municipal protagonizado por unha proxección-concerto que unirá imaxes domésticas de Tui dos anos 60, 70 e 80 coa música de tres intérpretes norteamericanos.
    Estivemos a falar sobre este acto de inauguración con Ángel Sánchez, codirector do festival.
    5 min
  • Ent. Miguel Capón, voceiro de ALT - Orzamentos 2018
    Alternativa Tudense votará en contra dos orzamentos do concello de Tui 2018 este venres en pleno se non houbo ningún cambio no documento con respecto á comisión informativa. A súa negativa a estas contas obedece a unha cuestión cualitativa máis que cuantitativa, segundo explicou o seu voceiro Miguel Capón Rey.
    12 min
  • Ent. Jose Manuel Manao, comandante da BRILAT - Concurso de Patrullas
    Catorce patrullas das Forzas Armadas saen mañá de Tui para realizar o Camiño Portugués de Santiago nunha marcha rápida onde se porá a proba a súa habilidade e resilencia xa que amais do camiño tamén terán que afrontar sete probas ao longo dos 120 quilómetros do percorrido.
    A BRILAT é a organizadora desta proba militar, considerada das máis duras de España, pero que conta con gran aceptación. Jose Manuel Manao, é o comandante da BRILAT.
    Este ano daranse citas patrullas de Asturias, Valladolid, Córdoba, Badaxos, Ferrol, Tenerife e Pontevedra.
    8 min
  • Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - ciclo (Anti)heroinas
    A muller estará moi presente no Play Doc 2018 a través dos distintos documentais e actividades coma o Seminario da Crítica Feminista. Amais o ciclo Antiheroinas pon o aceno en catro mulleres moi distintas. Do mesmo falounos hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival.
    “Anna” de Alberto Grifi e Massimo Sarchielli, que se proxectará o venres ás 16.30h e “La Noire De…” de Ousmane Sembène, que se poderá ver o domingo ás 18.30h son dous dos títulos que conforman este ciclo. Tamén poderemos ver “Out of the blue” de Dennis Hopper proxectarsae o venres ás 21.30h e “Streetwise” de Martin Bell o luns ás 21.30h.
    9 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…