Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,357 episodes available.
March 02, 2018Ent. Rafael Carrera, portavoz de COXAPO - Xornada A Auga no RuralMañá sábado COXAPO celebra no Auditorio de Goián a xornada técnica " A Auga no Rural", na que se falará de temas como os lans hidrolóxicos e as regulacións recollidas no plan da seca, tamén da problemática do gas Radón en Galicia ou das necesidades dunha óptima xestión da auga no agro....more8minPlay
March 01, 2018Ent. Juan Carlos Blanco e Arán Feijoo, de ACITUI - Iniciativas do primeiro trimestres de 2018A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui comeza mañá unha campaña que se desenvolverá durante os catro primeiros venres e sábados do mes de marzo. Esta mañá estivemos a conversar co seu presidente, Juan Carlos Blanco, sobre este e outros proxectos da asociación. Amais contamos coa presenza de Arán Feijoo, que se incorpora como colaborador da Asociación para participar nas súas iniciativas....more15minPlay
March 01, 2018Ent. Giuseppe Rea, pintor - Exposición na Área PanorámicaO pintor italiano Giuseppe Rea, afincado en Guillarei, amosará dende mañá venres, 2 de marzo, a súa obra na sala de exposicións municipal na Área Panorámica ata o 17 de marzo. Presentará unha trintena de cadros...more8minPlay
February 28, 2018Ent. Patricia Rodríguez e Sandra González, pta. ACUBAM e alcaldesa Tomiño - 15ª Mostra de Cultivos do Baixo MiñoA cita máis importante co agro no Baixo Miño terá lugar esta fin de semana na Mostra de Cultivos organizada por ACUBAM co apoio do Concello de Tomiño e da Deputación de Pontevedra, e que chega á súa edición número 15 en plena forma. Este ano será un punto de inflexión de cara á profesionalización da Mostra dentro do sector do agro. Estivemos a falar máis polo miúdo sobre este evento con Patricia Rodríguez, presidenta de ACUBAM, e con Sandra González, alcaldesa de Tomiño....more16minPlay
February 28, 2018Ent. Montserrat Magallanes, deputada de Emprego - Presentación do programa DepoIntegra en TuiÁs 11h desta mañá na aula CEMIT, da Área Panorámica, será presentado o programa DepoIntegra Xove da Deputación de Pontevedra, que busca mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas de 16 a 30 anos da provincia. Así o explicaba Montserrat Magallanes, deputada de Emprego. Para o Baixo Miño está previsto o desenvolvemento dun itinerario formativo de "Confección e publicación de páxinas web"....more8minPlay
February 27, 2018Rosendo Pena Besada, pte da Comunidade de Montes de Caldelas - Plantación de árboresA Comunidade de Montes de Caldelas levará a cabo o próximo martes, 6 de marzo, unha plantación de árbores autóctonas no monte comunal fronte o colexio de Caldelas, á que convidaron ao alumnado do centro. Así o explicaba esta mañá Rosendo Pena Besada, presidente da Comunidade de Montes de Caldelas. Amais da plantación os nenos terán unha pequena charla a cargo de técnicos do Distrito Forestal. Tamén teñen previstos distintos xogos, e unha ruta guiada polo monte comunal....more7minPlay
February 23, 2018Ent. Carolina Figueroa, entrenadora do CPA Ribex - Campionato Galego de Grupos Show Xuvenís e CuartetosO novo pavillón de deportes de Tui acollerá o Campionato Galego de Grupos Show Xuvenís e Cuartetos, organizado polo propio CPA Ribex, en colaboración coa Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Tui.Falamos con Carolina Figueroa, entrenadora do CPA Ribex....more6minPlay
February 23, 2018Ent. Miriam Sandoval e Sergio Alonso - Programación Betún 23 e 24 febreiroComo cada fin de semana a Asociación Cultural Betún ten programación musical. Esta noite a partir das 23h habe´ra sesión Discobeta e mañá terán actuación en directo con Miriam Sandoval Trío. Estivemos a falar con ela sobre as súas versións do folclore latinoamericano e temas inéditos de poetas galegos que viviron na inmigración. Amais tivemos ocasión de escoitala en directo....more21minPlay
February 23, 2018Ent. Sandra González, a alcaldesa de Tomiño - Finalistas concurso ponte peonilÁlvaro Siza, Javier Zubía e Paula Teles ou Ginés Garrido son os autores veñen de copar os tres premios do concurso de ideas celebrado pola Deputación de Pontevedra para elixir o deseño da nova ponte peonil sobre o río Miño entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira.Sandra González, a alcaldesa de Tomiño, amosa a súa satisfacción polo nivel dos finalistas....more8minPlay
February 22, 2018Ent. Luis Conde, representante de turismo de ACITUI - Presencia na Bolsa de Turismo de LisboaO representante de Turismo de ACITUI, Luis Conde, viaxará até Lisboa para participar na Feira de Turismo desta cidade, a BTL, que se celebra do 28 de febreiro ata o 4 de marzo.Alí estará a vindeira fin de semana, o 3 e 4 de marzo, representando a Tui nunha das citas máis importantes do turismo en Portugal....more8minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,357 episodes available.