Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Bea González - Festa solidaria en Anubis e Queen
    Este sábado, 30 de xuño, ás 23h celebrarase na discoteca Anubis de Tui unha festa solidaria . A entrada custará 5€, e se sorteará unha tatuaxe. Xa 14 de xuño en Queen haberá outra festa solidaria.
    Falounos destas citas Bea González, presidenta da ANPA de Guillarei.
    2 min
  • Ent. Rita Álvarez e José Gómez - Recollida de herbas de San Xoán
    Flores Rita volve colaborar con Sos Tomiño Baixo Miño cunha iniciativa solidaria que realizarán mañá e da que hoxe nos falaron Rita Álvarez de Flores Rita e José Gómez de Sos Tomiño Baixo Miño. Recollerán herbas de San Xoán, que mañá intercambiarán na florería por alimentos ou doazóns económicas que transformarán en litros de leite.
    11 min
  • Ent. Carlos Vazquez Padín, alcalde - Paramos e Orzamentos
    O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, afirma que a catástrofe de Paramos é o maior problema da historia recente de Tui recente, ao tempo que recoñecía que na zona máis afectada vai levar tempo reestablecer a normalidade. Deu conta do traballo que se está a facer dende o Concello e da contatación esta semana do desamiantado e da xestión de residuos.
    24 min
  • Ent. Carmen Núñez do BNG de Tui - Traxedia Paramos e Orzamentos 2018
    A explosión de Paramos foi unha conmoción pola súa magnitude non só de danos persoais senón tamén materiais. Así o explicaba hoxe a voceira do BNG, Carmen Núñez, quen recoñecía que no momento inicial as cousas funcionaron ben pero despois deste primeiro momento comeza unha fase máis complicada para que os veciños poidan recuperar as súas vidas. Apuntando a importancia de que os veciños poidan ver que as cousas se moven cara adiante da forma máis áxil posible, como a tramitación das comunicacións previas ou licenzas ou das axudas.
    20 min
  • Ent. Héctor Martínez, coordinador - IICampus Denis Suarez
    -Salceda acollerá do 2 ao 13 de xullo, de luns a venres de 9 a 14h, en dúas quendas o II Campus de Fútbol Denis Suárez. Vai dirixido a nenos e nenas de 4 a 14 anos, cun prezo de 140€ unha semana e 200€ as dúas semanas. O coordinador deste campus Héctor Martínez denunos todos os detalles. A inscrición está aberta ata o venres 29 en https://escueladefutboldenissuarez.com/es/campus
    8 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro do PSOE - Paramos e Orzamentos
    Probablemente estamos ante un suceso o máis grave da historia recente de Tui con centenares de damnificados, unha traxedia que supera as posibilidades humanas e materiais do Concello de Tui. Así o afirmaba o Enrique Cabaleiro, voceiro do Partido Socialista, quen destacou que dende os grupos da oposición dende o primeiro momento se puxeron a dispor do goberno.
    24 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…