Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Rubén López, Jorge Vicente e Rafael Yebra - III Aula Internacional de Saxofón
    O Conservatorio Profesional de Música de Tui acollerá os días 11, 12 e 13 deste mes de xullo, a III Aula Internacional de Saxofón, organizada por este centro de ensino musical e a Asociación Frai Rosendo Salvado.
    Terá a especialidade de saxofón pero este ano tamén análise e improvisación e jazz como explicaba Rubén López, director do Conservatorio, Jorge Vicente e Rafael Yebra. Dentro das actividades de Aula Internacional están previstos dous concerto abertos ao público en xeral con entrada de balde até completar a capacidade do local.
    10 min
  • Ent. Xosé Liz de Sondeseu - Concerto no Pacto de Tui
    Dentro do programa previsto polo Pacto de Tui este venres, 6 de xullo, ás 22.30h actuará na rúa Compostela a orquestra folk Son de Seu que presentará na cidade o seu último traballo “Beiralúa” pero tamén temas doutros traballos, coma hoxe explicaba Xosé Liz de Sondeseu.
    10 min
  • Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura - Celebración do Pacto de Tui
    O pacto de Tui asinouse o 4 de xullo de 1137 na sala capitular da Catedral daquela en plena construción. Un acordo de amizade que supuxo establecemento da primeira fronteira política entre Galicia e Portugal. Así o explicaba hoxe o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, sinalando que durante anos o espazo cultural continuou a ser homoxéneo ata o século XIX.
    Tui conmemorará esta fin de semana este Pacto de Tui e o fai tendendo unha ponte musical entre Galicia e Portugal con concertos de Sondeseu e Teresa Salgueiro, previstos para o venres e o sábado ás 22.30h na rúa Compostela. O acceso será solidario cos afectados de Paramos.
    No programa previsto co gallo da celebración do Pacto de Tui o sábado ás 20.30h na sala de exposicións municipal sobre o azulexo portugués como símbolo artístico da cultura portuguesa do Instituto Camoes de Vigo.
    9 min
  • Ent. Juan Carlos Blanco e Manuel Santos, de Acitui - III Feira do Peregrino
    Este sábado e domingo, 6 e 7 de xullo, celébrase a III Feira do Peregrino organizada por ACITUI. Charlas, mercado de artesanía, obroiros infantís, actuacións de grupos folclóricos...forman parte do programa previsto na praza de San Fernando e na contorna, do que deron conta Juan Carlos Blanco e Manuel Santos da asociación de comerciantes.
    9 min
  • Ent. Ana Isabel Vila Pereira e Clara Macedo - Campamento de Verán Un Máis 2018
    Este verán Tui acollerá a segunda edición do campamento da Asociación Un Mais, de familiares e amigos de persoas con trastorno do espectro autista dirixido especialmente a nenos con TEA entre os 5 e 18 anos. A temática das actividades estará distribuída semanalmente e serán música, deporte, natureza, medios audiovisuais e saídas pola comarca. A novidade máis importante este ano é a inclusión de nenos sen TEA. Dende a organización queren facer fincapé na importancia da inclusión social destes nenos. Até o momento soamente hai dous nenos sen TEA apuntados polo que a organización fan un chamamento os pais.
    O campamento comezou onte e se prolongará até o 27 de xullo, de nove e media a dúas excepto os mércores que se fará unha saída en autobús polo que se prolongará até media tarde. O prezo é de 50 euros por semana ou 160 por todo o mes.
    10 min
  • Ent. Montserrat Magallanes, Concelleira de Turismo Da Guarda- Festa da Lagosta 2018
    A festa da Lagosta dará o pistoletazo de saída este xoves coas actividades suspendidas pola choiva a semana pasada e continuará o venres coa lectura do pregón de man do actor, humorista e cantante galego Nancho Novo. Este terá lugar as nove da noite na praza do Reló e as dez e media volverá ser o protagonista na Carpa do Porto, desta volta co seu espectáculo “El Cavernícola”.
    Haberá ademais citas musicais e actividades pensadas para os máis pequenos toda a fin de semana ademáis da degustación gastronómica de até vinte pratos da cociña mariñeira e a tradicional lagosta.
    9 min
  • Ent. Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense - Curso de Iniciación ao Piragüismo
    Está xa en marcha o Curso de Iniciación ao Piragüismo que ao longo deste verán imparte o club Kaiak Tudense Axuda a Paramos dirixidos a nenos e nenas de 8 a 13 anos que se imparten os luns, mércores e venres pola tarde. Así nolo contou Manuel Pedrares, técnico do club Kaiak Tudense Axuda a Paramos, explicando que son tamén un xeito de captación de novos padeeiros.
    A inscrición pode facerse nas instalacións do Kaiak Tudense Axuda a Paramos na rúa Olímpicos Tudenses, cubrindo o impreso de solicitude e levando dúas fotografías. O requisito imprescindible é saber nada.
    8 min
  • Ent. Salvador Gª, pte Asociación Afectados Paramos - Valoración Manifestación e pleno Deputación
    Salvador García, presidente da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, amosou a súa satisfacción pola resposta obtida na manifestación de onte ao mediodía na que demandaron que a todas as administración remen na mesma dirección e se impliquen para que Paramos volva á normalidade. En concreto demanda a declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, e a exención fiscal das axudas.
    9 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…