Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Enrique Gómez, organizador homenaxe a Don Ricardo - Encargo da escultura
    Onte o escultor Diego de Giráldez recibiu xa o encargo oficial da escultura de Don Ricardo García que será sufragada coa cuestación popular que está en marcha. Está previsto que sexa inaugurada en abril do próximo ano no Paseo da Corredoira.
    Os organizadores desta homenaxe a Don Ricardo abriron hai meses unha campaña de cuestión para recadar os fondos necesarios para cubrir o importe da escultura. Hoxe Enrique Gómez, destacaba a gran resposta obtida con centos de persoas que xa teñen realizado a súa aportación.
    13 min
  • Ent. Silvia Pousa e Estefanía Souto. Festa do motor solidaria
    O 30 de setembro teñen unha cita os afeccionados ao mundo do motor nunha macrofesta solidariano Borralliño de Salceda para recadar fondos para as vítimas da explosión de Paramos. Será un evento pensado para desfrutar en familia. Asistirán máis 150 vehículos, entre motos, coches clásicos e coches de competición ademáis dunha exposición de vehículos, espazo para os nenos con pintacaras e inchables, carpa de comida e sinatura de autógrafos de pilotos.O prezo da entrada aínda non está fixado pero, aseguran, será un prezo simbólico A organización quere que todo o recadado o día do evento sexa doado polo que buscan patrocinadores para financiar o evento.
    11 min
  • Ent. Hugo Lage de Buguina - Visitas Guiadas Tui
    Coñecer máis polo muído o conxunto histórico de Tui é posible nas visitas guiadas "Free Tours" que a empresa Buguina comezou a realizar esta fin de semana. Teñen lugar os venres, sábados e domingo ás 11 e 12.30h en castelán e ás 19.30h en inglés. Amais os xoves deste mes organizan rutas de sendeirismo que comezan esta semana nas fortalezas de Goián, o próximo xoves polo Rego da Pedra no Monte Aloia, e a semana seguinte pola ruta das cetáreas na Guarda.
    11 min
  • Ent. Joaquín Valverde, Diego Alonso e Ramón Corral de Arume de Malvas - Festival de Ortigueira
    A banda de gaitas Arume de Malvas participa no festival de Ortigueira que se celebra esta semana. Van facer pasarúas e concertos na rúa durante todo o festival e o domingo terá lugar o desfile das bandas xunto con grupos de todo o mundo, dende aquí, de Tui, ata Escocia ou Irlanda. Unha cita que afrontan con emoción e nerviosismo xa que é un festival moi recoñecido no mapa da música folk e que cada ano recibe máis xente Os integrantes do grupo, Joaquín Valverde, Diego Alonso e Ramón Corral estiveron esta mañana connosco esta mañá.
    10 min
  • Ent. Mª del Carmen Alonso, alcaldesa do Rosal - XXVI Feira do Viño do Rosal
    A conselleira de Medio Rural, Ángel Mejuto, inaugurará este venres ás 20h na praza do Calvario do Rosal a XXVI Feira do Viño do Rosal que se celebrará até última hora do domingo. A continuación dará lectura ao pregón Jane Evans, vicepresidenta do Institute os Masters os Wine de Reino Unido.
    A alcaldesa do Rosal, María del Carmen Alonso, daba conta da ampla programación prevista no Rosal no que os viños combinarán coa gastronomía e as actividades culturais e festivas.
    5 min
  • Ent. Argentina Sousa e Rui Ferreira do Juvalença - IV V Open Eurocidade de Judo
    O pavillón de deportes de Valença acolle este sábado, a partir das 15 hora española o IV Open Eurocidade de Judo, organizado polo club de judo valenciano Juvalença, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, a Federación Portuguesa de Judo e o Instituto Portugués de Desporto. Trátase dunha proba puntuable para o ranking nacional portugués que congregará a deportistas tanto portugueses coma galegos. Así nolo explicaron hoxe Argentina Sousa e Rui Ferreira, presidenta e adestrador do Juvalença.
    6 min
  • Ent. Fina Fernández e Marcos Rocha - Festas na honra ao Santo Cristo da Agonía en Baldráns
    Máis de 1000 ración de polbo porán á venda este sábado en Baldráns na XXV Romaría do Polbo, que forma parte da programación das Festas na honra ao Santo Cristo da Agonía. A lectura do pregón a cargo de Manu Garrido o sábado ás 20h dará o pistoletazo de saída ao programa festivo que continuará até o luns. Así nolo contaron Fina Fernández e Marcos Rocha, presidenta e tesoureiro das festas, que anunciaron que suspederon a tirada de fogos.
    8 min
  • Ent. Teresa Salgueiro - Concerto no Pacto de Tui
    "O horizonte e a memoria" é o título de concerto que a cantante Teresa Salgueiro ofrecerá este sábado, ás 22.30h na rúa Compostela de Tui dentro da celebración do Pacto de Tui. A excompoñente de Madredeus interpretará os temas do seu último traballo "O horizonte" pero tamén fará un repaso por outros temas da súa discografía. Un evento musical que tenderá pontes entre Galicia e Portugal.
    16 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…