Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Pablo González e Alfonso González-Noite internacional
    Mañá celebrarase a XIX edición da Noite Internacional do Miño en Rebordáns, Tui. Contarán, unha edición máis, con grupos dos distintos continentes, este ano, Saiki de Xapón, Razdolie da República de Buriatia, a Compañía Artisitica Danzar de Colombia e o Ballet Calden Gaucho de Arxentina. Estiveron esta mañá no tempo de Día a Día os organizadores do evento, Pablo González e Alfonso González.
    5 min
  • Ent. Fernando Miguel Jaloto- Concerto IKFEM 2018
    O IKFEM continúa cos concertos, hoxe será a quenda de Fernando Miguel Jaloto quen dará un concerto de música barroca para órgano en feminino onde fará un recorrido de obras de mulleres compositoras que viviron entre o século 17 e o 18, un período do cal a maioría da xente non coñece o seu traballo.
    Jaloto quixo destacar a importancia do lema deste ano, o Woamn Sound, con este concerto preparado exclusivamente para o Ikfem. Para elo, tivo que facer un complexo traballo de investigación.
    8 min
  • Ent. Rafael Fernández e Marcos Figueiras, Fibralar
    A empresa Fibralar oferta internet de alta velocidade no rural dos municipios de Tui e Tomiño. Estiveron con nós esta mañá os socios do operador, Rafael Fernández e Marcos Figueras , para contarnos o que hai que facer en caso tanto de non ter conexión a internet como no caso de buscar un cambio.
    10 min
  • O IKFEM tende pontes musicais na Eurocidade
    Hoxe venres comeza o festival IKFEM na Eurocidade Tui- Valença cunha xornada inaugural solidaria con Paramos e Guillarei. Hoxe se celebrará no Paseo Fluvial de Tui e o sábado e domingo se desprazará a Praza da República na Fortaleza de Valença. O luns e martes volverá a Tui, concretamente a catedral e ao aula da UNED.
    9 min
  • Ent. Mercedes Martín de Verdeazul - Fila H2O de IKFEM e Descenso Nocturno
    Mañá á tarde haberá a posibilidade de seguir a xornada inaugural do IKFEM dende o río Miño coa fila H2O que oferta a empresa Verdeazul. Mercedes Martín explicou que brindan a posibilidade de seguir o evento en kaiak no propio río.
    Amais para o venres 27 deste mes, coincidindo coa lúa chea, realizarán un descenso nocturno en kaiak dende Caldelas ata Tui.
    8 min
  • Ent. Andrea González, Eduardo Freiría, Jose Monte - IKFEM 2018
    O Paseo Fluvial será mañá o escenario da xornada inaugural do IKFEM, O Festival Internacional de Instrumentos de Tecla da Eurocidade 2018. Vaise celebrar dende mañá venres e ata o martes 24. Do mesmo falamos coa súa directora Andrea González, co concelleiro de Cultura de Tui, Eduardo Freiría, e o vereador de Cultura de Valença, Jose Monte.
    13 min
  • Ent. Orlando Oliveira, membro de Fas Diferente - Verdoejo Art Rock
    O parque de merendas de Verdoejo acolle do venres 27 ao domingo 29 deste mes o IV Verdoejo Art Rock que combina música, arte e diversas actividades organizadas por Fas Diferente. Olando Oliveira, membro da organización, explicou o programa que teñen previsto con concertos de Peste&Sida, Eladio y los Seres Queridos, exposicións de Alfonso Vicente Rey, Camiño Caamaño ou Juan Coruxo e a XI Descida do Río Minho en Boia.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…