Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Samuel Diz, director de Música no Claustro e María Bolaños, directora do Museo Nacional de Escultura
    Esta fin de semana comeza o festival Música no Claustro na Catedral de Tui. Dende mañá até o próximo venres o festival acollerá cada noite ás 21:30h un concerto con entrada de balde. Mañá, na inauguración estaba prevista unha charla entre Samuel Diz, director do festival, e Maria Bolaños, directora do Museo Nacional de Escultura, pero esta tivo que ser suspendida por problemas de saúde. Falabamos con eles esta mañá.
    18 min
  • Ent. Paula Cobian, Dani Rodríguez e Virginia Valero - Curso de danza
    Este luns deu comezo na academia de danza Paula Cobian o curso de danza impartido pola recoñecida Virginia Valero do conservatorio superior de Danza María de Ávila, en Madrid. Estiveron na nosa sintonía esta mañá Paula Cobian, a directora da escola tudense, Virginia Valero, da escola superior de Danza María de Ávila e Dani Rodríguez, ex alumno da primeira, e admitido este ano no conservatorio madrileño.
    18 min
  • Ent. Julián Iglesias, técnico do CNST - IV Semana Náutica
    Do 13 ao 17 de agosto o Club Náutico San Telmo organiza a III Semana Náutica promovendo unha serie de deportes náuticos no río Miño dirixidos a rapaces e rapazas de 8 a 18 anos. Neste caso se trata dunha oferta a prezos reducidos
    Julián Iglesias, técnico do Náutico San Telmo, explicaba en qué consiste esta actividade.
    Para inscribirse os interesados poden pasar polo Club Náutico San Telmo ou contactar co 657 87 57 16
    7 min
  • Ent. Salvador García, pte Asociación de Afectados Paramos e Guillarei - Acordos asemblea
    A asociación de Afectados de Paramos e Guillarei convocará unha nova mobilización neste mes de agosto, en data por concretar, en Tui. Seguen a reclamar a declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil , e as exencións fiscais. Este martes celebraron asemblea na que ratificaron á xunta directiva e acordaron contratar a Calisto Escariz para a representación legal da asociación.
    11 min
  • Ent. Samuel Diz, director de Música no Claustro
    Este ano o festival xira en torno a figura de Diego de Avellaneda, obispo de Tui durante case unha década no século XVI. Poderase coñecer a súa historia, a do seu sepulcro e a súa chegada o Museo Nacional de Escultura. Comenzará o sábado cunha viaxe pola música relixiosa do século XVI e continuará durante toda a semana con concertos de artistas xa consolidados como Germán Díaz ou Tina Masawi sen esquecer o compromiso cos novos interpretes como Julia Caro ou Carlos Puga . Haberá tamén poesía a cargo de Yolanda Castaño, e un obradoiro de imaxinería castelá, encontros no ambigú e os tradicionais percorridos nocturnos con Suso Vila onde descubrirán o legado de Diego de Avellaneda na catedral de Tui.
    13 min
  • Ent. Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal - II Feira do Mirabel
    O Mercado de San Miguel de Tabagón, no Rosal, acollerá este domingo, 28 de xullo, a II Feira do Mirabel. Este froito estará presente de moi diversas formas, dende platos salgados e dulces, a cosmética ou augardentes. Ao longo da xornada haberá un amplo programa que explicou na RMT a concelleira de Cultura do Rosal, Charo Tabales.
    9 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…