Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Ismael Alonso, Comisión de Festas de San Caetano - Romaría Solidaria do Polbo
    Mil racións agardan vender este sábado na Romaría Solidaria do Polbo no Monte das Penizas a partir das 21h. Unha festa que levan celebrando dende hai vinte anos e que este ano a fan para recadar fondos para os afectados de Paramos e Guillarei. Así o explicaba Ismael Alonso,da Comisión de Festas de San Caetano, quen apuntaba que a ración terá un prezo de 10 euros. Non faltarán as actuacións musicais co Trío Arena, a Charanga Sghae, un cantautor de Baldráns e inchables para os nenos.
    5 min
  • Ent. Samuel Diz, director de Música no Claustro e Kebyart Ensemble- Música no Claustro
    O festival chega a súa quinta xornada esta noite tralo gran éxito de público dos primeiros días. No programa de hoxe haberá música de cámara con Kebyart Ensemble, un dos cuartetos de saxofón máis prometedor da actualidade. Pere Méndez, Rober Seara, Daniel Miguel e Víctor Serra son os compoñentes desta formación creada no ano 2014 na escola superior de música de Cataluña e cun repertorio moi variado. Kebyart Ensemble ofrecerá hoxe as 9:30h da noite un concerto baixo o título “Paris 1918, pour le tombeau de Claude Debussy” do que nos adiantaron os detalles esta mañá.
    9 min
  • Ent. Jose Martínez Tato -Ruta histórica Nocturna
    Este sábado 11 de agosto celebrarase andaina IV Ruta histórica de Tui nocturna. Trátase do quinto percorrido do circuíto de andainas saudables da Eurocidade Tui – Valença 2018.
    Sairá ás 22h do palco da música no Paseo da Corredoira para realizar un percorrido de 4 quilómetros de carácter cultural-histórico. O prezo para poder participar é de 5€ por persoa. A inscrición pode realizarse en andatui.es até o xoves, 9 de agosto, ás 23.59 hora española.
    8 min
  • Ent. Nieves Rodríguez, presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
    Ernesto Chao foi Miro Pereira, Ramón Sampedro ou Fernández Albor na ficción, pero tamén foi presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e do Centro Damático Galego na realidade. Unha persoa comprometida, xenerosa e pioneira que deixa pegada no mundo das artes escénicas, hoxe de loito tralo seu falecemento. Falábamos esta mañá coa actual presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Nieves Rodríguez.
    6 min
  • Ent. Manuel Castro, coordinador Festas do Monte, a Guarda.
    Hoxe continúan as Festas do Monte na Guarda tralo éxito da primeira xornada a pesar da choiva. Trala lectura do pregón, a cargo do presidente da asociación O Piueiro, Juaquin Cadilla, os guardeses desfrutaron das primeiras orquestras dunha semana chea de actividades.
    Continuou a festa xa esta mañá cos grupos de gaitas que recorreron as rúa do pobo e actividades para nenos na alameda. Esta noite, verbena da man das orquestras Finisterre e Ritmo Noche. Serán sete días de música e tradición que rematarán o domingo.
    8 min
  • Ent. Samuel Diaz e Jonatan Alvarado - Música no Claustro
    Hoxe celébrase a cuarta xornada de Música no Claustro. Un festival que está a colleitar nestes días gran éxito de público. Onte mesmo á noite o claustro encheuse para disfrutar do concerto de Tina e Joe con clásicos do blues e do jazz. Samuel Diz explicaba precisamente esa excelente resposta con 900 persoas disfrutando do evento onte á noite.
    Xa no programa de hoxe ás 18h está prevista a presenza na Catedral da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, que se achegará ata o taller de imaxinería a cargo de Miguel Ängel Tapia. Precisamente ás 20h o público en xeral poderá acudir ao taller e asistir á charla do
    Jonatan Alvarado ofrecerá ás 21.30h o concerto “Pajarillos fugitivos: canciones españolas fuera de casa” do que hoxe nos falou e do que nos fixo un pequeño avance tocando unha guitarra barroca.
    13 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…