Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Andrea Costas, directora de Arraianos- Festival Arraianos
    Tui volverá a Idade Media a partir do próximo venres, día 31, co comezo dunha nova edición do festival Arraianos
    Un festival cheo de historia, cultura, espectáculos, teatro, gastronomía e actividades lúdicas co que os tudenses poderán viaxar durante 3 días a Idade Media . O programa, que vai dende as 8 da tarde do venres 31 até a noite do domingo 2 de setembro, contará este ano con algunha novidade.
    9 min
  • Ent. Ramiro Gutierrez, xefe de servicio Consorcio de Augas de Louro e Antonio Castro, alcalde en funcións- Uso da auga
    Dende o Consorcio de augas de Louro fan un chamamento ao uso responsable do auga nestes días de calor.
    O motivo deste chamamento foi o pico alto de consumo de auga que se produciu nos últimos días e que puxo en alerta o Consorcio de augas de Louro e ao Concello de Tui. Piden que se faga un uso correcto e responsable, con indicacións básicas como reducir o tempo das duchas ou pechar a billa mentres se enxaboa os pratos, pero sobre todo, recordar o uso doméstico do auga.
    A demanda de auga en Tui hoxe en día está aproximadamente nos 6.500 metros cúbicos diarios, 6 millóns e medio litros de auga, pero a capacidade de almacenamento dos depósitos atópase sobre os 5.500 metros cúbicos. A pesar disto, dende o Concello chaman a calma xa que non se van facer cortes de auga, nin en Tui, nin a Guarda ou Tomiño a onde tamén se abastece, pero si recordan a importancia da colaboración cidadá no seu uso.
    9 min
  • Ent. Beni Vilas, arqueólogo - Visitas guiadas Tralas Pegadas do Tempo
    Este venres será a segunda xornada das visitas “Tralas pegadas do tempo” pola arqueoloxía tudense
    Tralo éxito da primeira xornada con corenta participantes, este venres a ruta será polos petróglifos da Macoca e o Castro do alto dos Cubos e o castro de francos. Unha arqueoloxía moi descoñecida e incluso boa parte, aínda por descubrir.
    Haberá ao igual que na cita anterior unha actividade experimental , neste caso, un obradoiro de caza. Despois, sairán cara os petróglifos da Macoca, camiño do raposo e finalmente o Castro do Alto dos Cubos ou de Francos, unha zona que cada vez vaise pondo máis en valor.
    Esta segunda vista arrancará na área de recreo de Pazos de Reis as 20:30h . A terceira, o 8 de setembro, será a ruta os petróglifos de Rachadón e Mámoas da Chan do Tetón, en Malvas. A derradeira será o sábado 15 de setembro ás Mámoas de Chan Longa e ao recinto amurallado do Monte Aloia. As prazas están limitadas a 50 persoas por día polo que hai que inscribirse no whatsapp do teléfono 610703488.
    8 min
  • Ent. Salvador García, pte Asociación de Afectados Paramos e Guillarei - Concentración e manifestación 3 meses
    A asociación de afectados de Paramos e Guillarei convoca para este xoves, 23 de agosto, ás 16.15h unha concentración no barrio da Torre, cando se cumpren 3 meses da explosición de material pirotécnico nun almacén clandestino. O domingo ás 12h realizarán unha manifestación dende a Área Panorámica ata a praza da Inmaculada. Así nolo explicou hoxe Salvador Gardía, presidente da Asociación de Afectados.
    8 min
  • Ent. Alba Martínez e Lara González, Asociación Deportiva Xuntanza- Carreira Popular
    Este domingo celébrase a XXXII carreira popular de Randufe . A primeira saída será as 10:00h a carreira da categoría adulta, a partir dos 17 anos. Unha vez finalizada esta será a quenda das categorías inferiores. Para a retirada dos dorsais e imprescindible presentar o DNI e a organización recomenda ao menos presentarse unha hora antes.
    A carreira é gratuíta pero organizan unha operación kilo para que os participantes colaboren con alimentos non perecedoiros destinados a asociación SOS Tomiño. Para inscribirse ou recibir información acerca da competición hai que enviar un correo a carreirapopularxuntanzamail.com. A fecha límite para as inscricións é este xoves día 23.
    5 min
  • Ent. Vanessa Villar e José Ramón Bernabeu, Asoc, Cultural a Insua- Semana Cultural de Caldelas
    Mañá, sábado comeza a semana cultural de Caldelas, en Tui.
    Haberá música, maxia, cinema e teatro. Arrancará o sábado, as 21:30h, coa proxección da película de animación Ferdinand na Ribeira. Mentres o domingo haberá xogos populares e festa da escuma a partir das 16:30h, tamén na Ribeira de Caldelas. A festa que comeza esta fin de semana, se prolongará até o venres 24
    Todas as actividades serán na Ribeira de Caldelas as 21:30h da noite. A festa a organiza a Asociación cultural da Insua de Caldelasl.
    7 min
  • Ent. Anxo Lorenzo, músico - Concerto Festa Do Miño
    O músico Anxo Lorenzo porá o broche de ouro a Festa Do Miño deste ano as 22:30h na rúa Lugo. Será un concerto moi especial no que presentará o seu novo traballo “Vortex” en primicia. Haberá sorpresas e colaboracións neste concerto e tamén no seu novo disco, que aínda non sairá ao mercado até setembro. Será un traballo menos acústico creado entre Galicia, Escocia e Irlanda.
    Haberá temas novos, algúns máis coñecidos e tamén versións. Ademáis neste concerto Anxo Lorenzo non estará solo, virá acompañado cos seus músicos máis habituais.
    7 min
  • Ent. Eduardo Freiría, Vanesa Rguez e Manuel Fdez. - VIII Festa Gastronómica
    Mañá a partir das 20h celébrase na rúa Lugo a VIII Festa Gastronómica que forma parte da programación da VIII Festa do Miño. Este ano participarán 12 asociacións culturais que ofrecerán petiscos a prezos 1, 2 e 3 euros. Faláronnos desta actividade o concelleiro de Cultura Eduardo Freiría xunto a dous representantes das asociacións culturais Vanesa Rodríguez e Manuel Fernández.
    11 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…