Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Berta Castro e Tania Rodríguez - Pandereteiras Tremelique
    Recén chegadas do Festival da Luz onde actuaron o pasado sábado nunha xornada de intensa calor hoxe estiveron nos nosos estudos dúas das integrantes das Pandereteiras Tremelique. Faláronnos dun verán no que non pararon, gañaron o concurso Interritmos, que lles deu a opción de gravar un sinxelo e participar no festival en Boimorto. Agora pensarán no futuro e na liña que queren seguir coma hoxe nos explicaban Berta Castro e Tania Rodríguez. Tremelique está integrada por 6 mulleres do Rosal e da Guarda.
    15 min
  • En. Ana Alcaide- Concerto Xornadas da Cultura xudía
    A programación das Xornadas Europeas da Cultura Xudía proseguen hoxe, mañá e o domingo con visitas guiadas e un concerto de Ana Alcaide.
    Hoxe a cita é ás 20h coa visita guiada pola xudería medieval que partirá dende a praza da Inmaculada. Non é preciso inscrición previa.
    Mañá sábado a proposta é musical. Ás 21h na Igrexa de San Domingos, Ana Alcaide ofrecerá un concerto de música sefardí. Natural de Toledo especializouse na interpretación de música antiga.
    Por último pechando estas xornadas o domingo ás 13h realizarase unha visita guiada aos Sambenitos gardados no Museo Diocesano. Sairá da praza da Inmaculada.Trátase de pezas únicas en Europa que testemuñan a actividade da Inquisición a comezos do século XVII. Estes lenzos, que foron atopados na Catedral, sinalaban aos herexes reconciliados polo Santo Oficio, quedando marcados durante xeracións.
    A visita, ao igual que a de hoxe venres, será conducida polo historiador tudense Suso Vila.
    7 min
  • Ent. Beni Vilas, arqueólogo - Visita guiada "Tralas Pegadas do Tempo"
    Este venres terá lugar a terceira cita das visitas “tralas pegadas do tempo” para coñecer o patrimonio arqueolóxico máis descoñecido de Tui. As dúas primeiras citas, ao Alto do Coello e Fontiñas, e os petróglifos da Macoca e o Castro do alto dos Cubos tiveron un gran éxito de público. A visita desta semana lavará os participantes a coñecer outros petróglifos, neste caso os de Rachadón e as Mámoas do Tetón.
    7 min
  • Ent. Emilio Alonso - Andaina da Santa Compaña
    Será unha andaina de 4 km polas corredoiras de Rebordáns. A dificultade é baixa para que se poida adaptar a tódolos públicos, aunque hai que dicir que non é recomendable para nenos de menos de 6 anos xa que é unha andaina de medo.
    O prezo da andaina é de 6€ para maiores de 12 anos e 1€ para os menores, neste caso, será e carácter solidario xa que o recadado irá para os veciños de Paramos afectados pola explosión do pasado 23 de maio. A andaina ademáis rematará con rosca, chocolatada e queimada.
    O punto de encontro será o Parque do Montiño,en Rebordáns e a saída é as 22:00h. É un circuíto cerrado, polo que o punto de comezo será tamén o de chegada. Para apuntarse hai que poñerse en contacto coa asociación no teléfono 660682365 ou o 635151889. Recomendan roupa cómoda e unha muda para cambiarse e disporán de coche escoba.
    10 min
  • Ent. Suso Vila, historiador - Xornadas Europeas da Cultura Xudía 2018
    Dar a coñecer os distintos aspectos da cultura xudía e polos en valor é o obxectivo das Xornadas Europeas da Cultura Xudía que se celebran en diversos países de Europa que comezaron no día de onte. Tui súmase a esta celebración con diversas iniciativas ate o próximo domingo día 9. O historiador tudense, Suso Vila, falounos destas actividades.
    16 min
  • Ent. Gustavo Rodríguez e Hector Catalá, Triatletas - Campionato de España Paratriatlón
    Este fin de semana Gustavo Rodríguez xunto con Héctor Catalá vai disputar o Campionato de España de Paratriatlón
    Será unha proba que levan preparando en conxunto tan so unha semana pero que toman como un proba para un posible mundial, que se celebrará en dúas semanas en Gold Coast, Australia. O actual campión de España de Triatlón de corta e larga distancia, Gustavo Rodríguez, acompañará a Hector Catalá, campión de Europa no ano 16/17 e do mundo no 2016, cunha capacidade visual de tan solo un 5%.
    13 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…