Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Beni Vilas, arqueólogo - derradeira visita Tralas Pegadas do Tempo
    O programa “Tralas pegadas do tempo” organizado pola concellería de Patrimonio e Cultura realizará este sábado, 15 de setembro, a derradeira visita das catro programadas.
    Anticípase a hora de saída ás 20h no aparcamento próximo a capela de San Xiao no Monte Aloia.
    Lembramos que a visita ten un cupo de 50 persoas e é preciso inscribirse a través do whatsapp 610 70 34 88.
    9 min
  • Volta ao Cole 2018 - Lúa Montes CEIP Randufe
    Lúa Montes, que se estrea coma directora do CEIP de Randufe destacou que o curso comeza con alegría e ilusión. A matrícula baixou lixeiramente ata os 169 nenos, ao entrar só 4 alumnos de 3 anos e marchar dous grupos numerosos cara ao instituto. Tamén detallaba as obras que se realizaron, e solicitaron algunha cuestión máis para arranxar dada a antigüidade do centro.
    2 min
  • Volta ao Cole 2018 - Víctor Rguez de Guillarei, Luís Ruíz do CEIP n2 e Teresa Dguez do CRA Mestra Clara Torres
    O curso 2018/19 segundo Víctor Rodríguez tamén comezou con normalidade no CEIP de Guillarei onde a colocación dun ascensor foi a obra destacada acometida nos últimos meses. Están pendentes de pequenos arranxos ao longo do curso. A matrícula baixou ata os 99 alumnos, 5 menos que o curso pasado.
    Luís Ruíz, director do CEIP nº2, tamén salientou a normalidade, ilusión e inquietude co que arranca este curso escolar 2018/19. A matrícula baixou ata 425 alumnos, e teñen tamén 1 profesor menos. No verán susbtituíronse fiestras, o comedor novo,... e sempre son necesarios arranxos dado os anos que ten o centro, e aspiran a contar cun espazo cuberto entre o colexio e o novo comedor, preciso sobre todo no inverno. Seguen a botar de menos a figura do conserxe no centro.
    No Cra Mestra Clara Torres, a súa directora Teresa Domínguez, apuntou tamén a normalidade e o incremento lixeiro na matrícula con 6 alumnos. En canto as obras realizadas lembrou as acometidas na aula de Guillarei que se vira afectada pola explosión de Paramos. Queda pendente acondicionar o patio de Ponte Internacional que se realizará ao longo do ano.
    7 min
  • Volta ao Cole 2018 - Luís Fernández de Rebordáns e Manuel Fálquez de Pazos de Reis
    En Rebordáns o curso 2018/19 comezou con normalidade cos nervios propios do primeiro día. Pendente dalgunha matrícula chegarán como o ano pasado a 135 alumnos dos que 36 son de Educación infantil. O seu director Luís Fernández, explicaba con respecto as obras que se realizaron no verán o muro de contención na parte traseira do pavillón, susbtitución de tellas, e de halóxonos por led no corredor principal. Pendente continua a eliminación de barreiras arquitectónicas.
    Mentrs no CEIP de Pazos de Reis tamén se manteñen os 107 nenos nun curso que comeza segundo o previsto, como explicou o seu director Manuel Fálquez. Alí continúan agardando a construción dun novo centro escolar, mentres no centro se realizan algunhas obras.
    5 min
  • Ent. Fernando Bandeira, xerente de La Val - Vendima solidaria da prensa
    Bodegas La Val, celebrou onte a “Vendimia solidaria da prensa”. Unha iniciativa na que participaron xornalistas e persoas de ASPANAEX, la “Asociación a favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra”. Nesta ocasión, os beneficios xerados tras a comercialización do vino “edición especial” resultante desta vendimia solidaria, Bodegas La Val donaraos ao proxecto de ASPANAEX, “Ayúdanos a construir un sueño”. Unha iniciativa coa que queren construír unha residencia en Vigo que albergará 58 prazas para persoas con Discapacidade Intelectual, asegurándoles un hogar cuando por diferentes causas no puedan o quieran permanecer en sus casas.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…