Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Juan Carlos Rodríguez, pte. AFAGA - Día Mundial do Alzheimer
    A Área Panorámica tinguiuse esta noite de morado para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer que se celebra neste 21 de setembro.
    Aproveitando esta data conversamos co presidente de AFAGA, a Asociaicón de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia, Juan Carlos Rodríguez, quen indicaba que cada ano hai maior conciencia social sobre esta doenza, tamén indicaba que o envellecemento da poboación aumenta o factor de probabilidade de sufrir esta enfermidade. A realidade dicía é que cada vez hai máis casos que se deben abordar de forma integral.
    17 min
  • Ent. Celso Diego, Mabel Pérez e Vicente Álvarez, Coral San Telmo e Rafa Ribeiro, membro de Lirolai- Festival de Corais
    O sábado terá lugar en Tui o III Festival de Corais e Música tradicional. Será a partir das 8 da tarde na Igrexa de San Domingos onde participarán catro grupos, A Coral Polifónica do Sporting Club do Casino da Coruña, a Coral Moañesa, o grupo tradicional Lirolai e a Coral San Telmo, de Tui. Estiveron esta mañá a na nosa sintonía algúns dos participantes neste festival.
    13 min
  • Ent. Antonio Costas - II Festival Folclórico Internacional
    Este sábado celebrase o II Festival Folclórico internacional que organiza a asociación o Mosteiro, de Pexegueiro.
    Será as 21.00h e con entrada de balde. Participarán dous grupos, o propio de Pexegueiro, grupo folclórico Mosteiro de Pexegueiro e como grupo convidado participará o grupo portugués Santa Catalina da Fonte do Bispo, do Algarve. Unha actuación que, di un dos organizadores do evento, Antonio Costas, moi vistosa e distinta o que aquí estamos acostumados.
    6 min
  • Ent. Diego das Dores, Aroa Rendo, Carlos Alfaya e Javier Álvarez, Club Remo de Tui - Regata da Eurocidade
    O Río Miño será unha vez máis escenario dunha proba internacional, neste caso é a primeira regata da Eurocidade de yola e batel. Estiveron connosco esta mañá algúns membros e colaboradores do Club Remo de Tui, organizador do evento, para explicarnos en que vai consistir a regata e as diferencias destes tipos de embarcacións. Diego das Dores é o presidente do club remo de Tui, Aroa Rendo a tesoureira e Carlos Alfaya e Javier Álvarez, membros do club.
    18 min
  • Ent. Manuel Garrido, Kayak Tudense - Campionato do Mundo
    Manu Garrido proclamábase por segundo ano consecutivo subcampeon do mundo de piragüismo de Maratón en C1.
    A proba disputouse a pasada semana en Vilaverde, Portugal, onde o padeeiro Manu Garrido revalidaba o seu título de subcampeón do mundo. O padeeiro do Kayak tudense estivo esta mañá connosco para contarnos as sensacións dese campionato, nun rio xa coñecido para el e co apoio da afección que se desprazou até Portugal para animalo. Contounos tamén como viviu a proba a pesar da penalización de 15 segundos que se lle impuxo.
    10 min
  • Ent. Herminia Sías e Luisa Blanco, Asoc. Párkinson Baixo Miño
    Dende esta mesma tarde comezan as actividades da asociación de parkinsón Baixo Miño, neste caso cun curso de risoterapia e outro de coiro que comeza o 1 de outubro. Ámbolos dous impartiranse no centro socio comunitario de Tui e aínda teñen prazas dispoñibles. Os dous obradoiros son para tódolos los públicos, e non é necesario padecer a enfermidade para participar.
    Ademáis, o Edificio do Área Panorámica acolle polas mañás outros cursos da asociación, neste caso, si son específicos para persoas afectadas pola enfermidade.
    9 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…