Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Marcos Romero, presidente Dona Urraca - III Rally Eurocidade
    Esta fin de semana celébrase o III Rally da Eurocidade que forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui- Valença e da federación portuguesa de automobilismo. O rally, organizado pola escudaría Parallel Velocity Club, en colaboración coa Escudaría tudense Doña Urraca percorrerá cerca de 70 km, polos concellos de Valença, Paredes de Coura e Vila Nova de Cerveira. O venres as 20.30h terán lugar as verificacións técnicas no parque de Bombeiros Voluntários de Valença onde se concentrarán os 76 participantes. Xa o sábado, haberá dúas sesións, a primeira as 10 da mañá e a segunda preto da 13.00h do mediodía. Marcos Romero, presidente da escudaría Dona Urraca, detallaba a proba.
    8 min
  • Ent. Carmen Núñez, do BNG - Rolda outubro
    A próxima semana cúmprense un ano da moción de censura Tui. A este feito refeiruse hoxe a voceira do BNG, Carmen Núñez, na entrevista que mantivemos con ela dentro da rolda de conversas que estamos a manter cos distintos grupos políticos neste mes de outubro.
    A menos dun ano das próximas eleccións municipais Carmen Núñez indicou que está a disposición do seu partido, o BNG, e dos militantes indicando que están precisamente traballando na candidatura.
    19 min
  • Ent. Gerardo Calvo, capitán da Garda Civil - Festividade do 12 de outubro
    A explosión no barrio da Torre de Paramos ten marcado dende o pasado 23 de maio boa parte da actividade do cuartel da Garda Civil de Tui, como explicaba hoxe o Capitán xefe da primeira compañía da Garda Civil, Gerardo Calvo, quen estivo esta mañá na nosa sintonía co gallo da festividade da súa patroa que se celebra este venres.
    Relataba precisamente Gerardo Calvo as actuación dende o primeiro minuto, ata o labor que continúan a realizar hoxe en Tui.
    Por outra parte con respecto ao nivel de delicuencia destacaba o Capitán da Garda Civil que se mellorou a seguridade en toda a área que cubren.
    Os actos previstos para este venres son unha misa solemne na Catedral, con actos castrenses na praza de San Fernando con homenaxe á bandeira de España, aos caídos, imposición de condecoracións e interpretación do himno español.
    15 min
  • Ent. Lis Montes da Asociación de Amigos do Camiño Portugués - Constitución da Federación Internacional do Camiño
    Tui acolle este sábado unha asemblea na que se constituíra a Federación Internacional de Amigos do Portugués de Santiago, na que se unirán asociacións de amigos do Camiño de Galicia e Portugal.
    A Federación Internacional reunirá e unificará a todas as asociación do Camiño portugués o que facilitará tanto o control dos peregrinos coma as necesidades do Camiño. Así o explicou Lis Montes, directivo da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, quen apuntou que a iniciativa promovida polo presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués de Santiago, Celestino Lores, xurdiu hai xa anos. Precisamente a sinatura da Federación Internacional terá lugar en Tui por ser a porta do Camiño Portugués.
    13 min
  • Ent. Ricardo Figueroa - I Carreira Internacional de Orientación Eurocidade
    O Club Aromon de Pontevedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, organiza a I Carreira Internacional de Orientación da Eurocidade, que se celebrará este domingo 14 de outubro dentro da VII Liga Aromon Chema Sport. Este evento contará con dúas probas, unha de mañá en Valença, con inicio a partir das 10.00 horas españolas, que percorrerá a pé as rúas do interior das murallas de Valença, e pola tarde, a partir das 16.00 horas, polo conxunto histórico de Tui. Ricardo Figueroa explicábanos as particularidades desta carreira.
    11 min
  • Ent. José Ángel Fernández - Candidato PP eleccións de Tui
    Esta mañá tivemos a oportunidade de entrevistar ao candidato do partido popular, primeiro candidato para as eleccións do próximo ano no concello de Tui. Aseguraba José Angel Fernandez Rodriguez que se presenta a estas eleccións coa intención de dar un cambio e coa intención de atender a cidadanía tudense.
    15 min
  • Ent. Manuel Martín Heredero - Monte Aloia
    A campá da ermida do monte Aloia foi roubada en Nadal do ano 2014, dende entonces, nunca máis volveu a soar. Agora, un grupo de veciños de Tui queren dar vida de novo a ese campanario a través dunha colecta para recadar fondos para pagar a nova campá. Esta mañá estivo connosco Manuel Martín Heredero para falarnos desa recadación que están a facer para poder financiar a campá.
    11 min
  • Ent. José Martínez Tato, Andatui - Andainas saudables Eurocidade
    Este sábado día 6 celebrase a derradeira andaina da Eurocidade cun recorrido pola Pedra Santa que sairá as 09.00h da mañá do centro interfederado e rematará cun sorteo de petiscos e agasallos. A ruta, de 9 km aproximadamente e dificultade baixa, irá en paralelo ao río Louro, atravesarán o río a altura de Alvelos, despois pasarán por Guillarei e Rebordáns preto do camiño portugués e logo pola ponte das febres. Nesta andaina, explicarán tamén os puntos de interese polos que pasa a ruta.
    4 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…