Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. María Penedo - Gala Benéfica a favor dos afectados de Paramos e Guillarei “Raiares” Moda e maxia
    Este sábado ás 20.30h celébrase na Casa Cultural de Guillarei a Gala Benéfica a favor dos afectados de Paramos e Guillarei “Raiares” Moda e maxia. María Penedo de Divo’s explicaba que esta cuarta gala benéfica será solidaria cos veciños de Paramos. Sobre a pasarela haberá 34 modelos de 5 a 13 anos presentado a moda de Mayoral desta temporada, xunto ao Mago Luís e a voz de Lucía Samuelle, e En un Tris Tras.
    A entrada será un donativo 4€, existindo tamén fila cero. Están á venda en Divo’s, confitería Rogelio, no Centro Cultural de Guillarei e no Bar Rodas, ou o propio sábado antes da gala.
    6 min
  • Ent. Antonio Cordo - IV Encontro de Confrarías de San Telmo
    Tui acolle esta fin de semana o IV Encontro de Confrarías de San Telmo que vai reunir na cidade a confrarías de Fromista, Huelva, Palencia, e Porto. A organización corre a cargo da Confraría de San Telmo de Tui. Antonio Cordo, confrade, lembraba coma xurdiron hai oito anos estes encontros de confrarías que teñen carácter bianual e explicaba as actividades a desenvolver na cidade.
    7 min
  • Ent. Aurelio Rodríguez e Joaquín Valveder - Andaina Arume de Malvas
    Este sábado a partir das 17.00h a celebrase a V edición da andaina Arume de Malvas. Os participantes percorrerán preto de 3 km polos montes da parroquia de Malvas e arredores nunha ruta de dificultade baixa, apta para persoas de todas as idades. A saída será nos colexios de Malvas, onde tamén remata. Alí haberá bocadillos, viño, castañas e sopas de burro cansado amenizado polos grupos de Malvas e as pandereteiras de Pexegueiro. O prezo é de 5€ para os adultos e 1€ para os máis pequenos. Este ano, como cada ano, ten un carácter solidario, nesta ocasión cos veciños afectados pola explosión de Paramos.
    9 min
  • Ent. Rosendo Bugarín, médico - Libro A gripe de 1918 en Tui
    O médico tudense Rosendo Bugarín presenta este venres ás 20h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica o seu novo libro "La gripe de 1918 en Tui". Ao longo de 262 páxinas analiza o que foi unha pandemia da época que afectou a Tui na segunda oleada, no último trimestre de 1918. Repasa Bugarín no libro como era a asistencia sanitaria da época e fai refencia aos facultativos que na cidade tiveron que facer fronte á gripe. Hoxe falounos do seu libro.
    15 min
  • Ent. Antonio Castro, voceiro do PP - Rolda outubro
    A aprobación dos orzamentos de 2018 que sentan as bases para o traballo a realizar foi un dos puntos destacados do ano que levan no goberno municipal por Antonio Castro Negro, voceiro do PP. Así o expuña hoxe na nosa sintonía na rolda de conversas que neste mes de outubro estamos a manter cos distintos grupos políticos.
    Abondaba entre os proxectos que figuran neses orzamentos na modificación da RPT, a elaboración dun Plan Director de Turismo ou a implantación dunha aplicación de participación cidadá, entre outros.
    23 min
  • Ent. Enrique Cabaleiro, voceiro do PSOE -Rolda outubro
    O pasado 17 de outubro cumpriuse un ano da moción de censura pola que Carlos Vázquez Padín accedeu á alcaldía de Tui. Un tempo no que o voceiro socialista e exalcalde dicía hoxe non houbo goberno. Así o afirmaba esta mañá na rolda de conversas que neste mes de outubro estamos a manter cos voceiros dos distintos grupos municipais.
    22 min
  • Ent. Julia Rodriguez, cantante - Programa Recantos
    A xoven de Salvaterra, Julia Rodrgíguez, está a participar no programa Recantos do Luar na TVG. Na primeira actuación
    hai dúas semanas conseguiu 30 puntos grazas ó apoio do público e a boa calificación do xurado, polo que agora participará na segunda fase do concurso a partir do 16 de novembro.
    8 min
  • Ent. Elena Pousa, profesora de portugués IES San Paio - Encontro de docentes de ensino medio de portugués
    Tui acolle mañá o encontro de docentes de ensino Medio de Portugués en Galicia. A cita dará comezo as 10 da mañá co saúdo as autoridades e as 11.00h comezarán as sesión de traballo co análise da problemática do profesorado e o alumnado. As 13.00h será a elaboración de cadros reivindicativos para o ensino medio. Xa pola tarde, haberá unha visita guiada pola Eurocidade dando conta das influencias culturais de ambas beiras do Miño. Estivo esta mañá na nosa sintonía Elena Pousa, profesora de portugués no IES San Paio.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…