Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Visita aos ministerios de Política Territorial e Interior en Madrid
    O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, está hoxe en Madrid para solicitar ante o Ministerio de Política Territorial que acometa á maior brevidade o desentullo da zona cero de Paramos, e amais ante o de Interior demanda que a subdelegación colabore no desaloxo das instalacións da pirotecnia en Baldráns. Precisamente entregou hoxe sendas cartas dirixidas aos ministros neste senso, e atendo aos medios de comunicación xunto cun saco de entullo que levou de xeito simbólico.
    Tamén lle preguntamos sobre a denuncia da fiscalía contra el por inacción na execución da sentenza sobre o peche da pirotecnia, anunciando que convocará un pleno extraordinario sobre esta cuestión.
    7 min
  • Ent. Xabier Díaz, músico - Programación de Outono
    Este venres as 21.30h o Teatro Municipal de Tui acollerá o concerto de Xabier Diaz e Adufeiras de Salitre. O músico tocará por primeira vez en Tui nun concerto no que presentará o seu último traballo, “Noró”, un retrato do seu día a día, das últimas viaxes, unha celebración do equilibrio da república adufeira. Esta mañá estivo na nosa sintonía onde nos falou da súa mñusica e do concerto deste venres.
    10 min
  • Ent. Fernando Moreno, actor - Peter Pan y Wendy con El Perro Azul
    A historia de Peter Pan y Wendy actualizada chega este mércores ás 20h ao Teatro Municipal de Tui da man de El Perro Azul Teatro de Logroño.
    A obra está dirixida por Jorge Padín, quen se encarga tamén da dramaturxia e a escenografía. Sobre o escenario estarán Gemma Viguera e Fernando Moreno. Precisamente Fernando Moreno deunos conta desta obra que estrearon hai dous anos e coa que están a percorrer España.
    As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o mércores ás 12h e o mércores dende ás 18.30h no despacho de billetes. O prezos son 4€ e 3€.
    5 min
  • Ent. Justi Peixoto - III Urban Trail Night
    O próximo sábado, 3 de novembro, celebrarase a III Urban Trail Night, unha carreira nocturna de 14 quilómetros que unirá Valença e Tui. A proba forma parte do programa da deportivo da Eurocidade Tui-Valença, e está organizada por Qualité Sport e Sra. Emilia Publicidade. Da mesma falounos hoxe Justi Peixoto.
    9 min
  • Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Rolda de outubro
    O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, fixo hoxe un balance positivo do ano que leva ao fronte do concello de Tui tendo en conta as dificultades ás que tiveron que facer fronte a intensidade política destes meses. Así o explicou na rolda de conversas que cos grupos políticos da corporación mantivemos neste mes de outubro.
    27 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…