Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Jose Antonio Quiroga, pte Fundación Teatro Principal - Venda do teatro
    A pasada semana o concello de Tui formalizou a compra do Teatro Principal á Fundación Teatro Principal. Por este motivo hoxe acompañounos o presidente da Fundación Teatro Principal, Jose Antonio Quiroga. Con el falamos do traballo realizado ao longo dos últimos 25 anos. Entre os logros da Fundación destacou evitar que o teatro se demolese, e abaratar o custe do inmoble para arcas municipais.
    16 min
  • Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura - Xornada 1.118, a pegada do bispo Xelmírez na sede tudense
    A igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns e a Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica serán o escenario onde mañá se celebre o ciclo de conferencias “1.118. a pegada de Gelmírez na sede tudense”. Está organizado polo Instituto de Estudios Tudenses en colaboración coa Concellería de Cultura de Tui. Deunos conta do programa previsto o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría. Abrirase cunha escenificación da chegada do arcebispo Xelmírez a Tui no adro da igrexa, co aacompañamento musical por parte dos grupos Arume de Malvas e as Pandereteiras de Caldelas.
    5 min
  • Ent. Anxo Boente - XX Festa do Viño Novo de Arantei
    Este domingo, 18 de novembro, celébrase a XX Festa do Viño novo de Arantei.
    A cita será no pavillón de Deportes de Arantei. A lectura do pregón correrá a cargo da artista Esperanza Mara. Actuarán Xerme, pandereteiras de Cabreira; grupo de gaitas San Xurxo de Salceda, e charanga A tu ritmo de Tui
    Haberá polbo, orella, callos, empanada, xamón, carné ao caldeiro, lamprea rechea e viño gratis todo o día.
    7 min
  • Ent. Representantes corais e concelleiros Cultura - III Encontro Corais Eurocidade
    A igrexa de San Domingos acolle este sábado, ás 21.30h, o III Encontro de Corais da Eurocidade Tui-Valença, coa participación das corais tudenses do Centro Sociocomuntario, Ponte das Febres, e San Telmo, e das valencianas de San Teotonio e Verdoejo.
    Falamos hoxe con Manuel González da Coral Ponte das Febres, José Manuel Martínez da Coral do Centro Sociocomunitario, Ricardo Martínez da Coral San Telmo, Inés Ferreira da Coral San Teotonio de Valença e Saa Fernandes do Coro Polifónico de Verdoejo. Tamén nos acompañaron os responsables de Cultura da Eurocidade, José Monte en Valença e Eduardo Freiría en Tui.
    12 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…