Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Ciano Valcárcel, Director do Centro San Xerome - Inauguración novo espazo polivalente
    As 11 desta mañá inaugurábase na Guarda un espazo polivalente no centro de educación especial San Xerome Emilini. Alí tiveron unha festa onde había música, degustación dos patés nos que colaboran coa produción e discursos dos usuarios do centro. Este novo espazo polivalente está situado na parte frontal do edificio do San Xerome, del nos falaba Ciano Valcarcel, director do San Xerome.
    5 min
  • Ent. Juanjo España, club de actividades acuáticas Alto Minho - VII Trofeo de Natación da Eurocidade
    Esta fin de semana celébrase o VII Trofeo de Natación da Eurocidade Tui Valença. A proba comezará as 5 da tarde na piscina municipal de Valença e participan 8 clubes de Galicia e Portugal. Pola parte galega, danse cita o club de natación baixo Miño de Tui, club acuático Salvaterra, club natación mos, club natación redondela, club de cerceda e Club Umia de Caldas de reis. Pola parte lusa participan o club e cultura de Paredes de Coura e o club Póvoa do Lanhoso. Haberá varias probas de diferentes modalidades e distancias para nenos de entre 5 e 16 anos. Deste campionato nos falaba Juanjo España, do Club de actividades Acuáticas do Alto Minho.
    8 min
  • Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Desaloxo pirotecnia La Gallega S.L.
    Ao longo desta maña efectivos dos TEDAX e de Intervención de Armas da Garda Civil están a realizar a inspección das instalacións da empresa Pirotecnica de Baldráns previo ao desaloxo dos 2.800 quilos de material pirotécnico e explosivo que se calcula permanecen nestas instalacións. Parte do material, sobre 1.500 quilos, é o intervido nos dous almacéns clandestinos localizados tras a explosición no barrio da torre, e os 1.300 restante é tanto material xa elaborado, como a materia prima que permanecía nas instalacións.
    O alcalde, Carlos Vázquez Padín, explicaba que hoxe era o día marcado no decreto que emitiu hai unhas semanas, para realizar o desaloxo.
    5 min
  • Ent. Sergio Magallanes, Nieves Iglesias e Gabriel villa, Labranzas solidarias - Rally Solidario
    Cerca de 90 persoas de toda España sairán o vindeiro 26 de decembro cara Africa, a Marrocos concretamente. Alí recorrerán diferentes pobos nómades até chegar case a Arxelia e pasando por sitios como as dunas de Merzuga. Alí farán entrega de roupa e útiles necesarios para mellorar a calidade de vida deses pobos . Estaban esta mañá na nosa sintonía Sergio Magallanes, Nieves Iglesias e Gabriel Villa, da asociación labranza solidaria, quen viaxarán neste rally. Eles, daban conta dos produtos que máis necesitan.
    11 min
  • Ent. Marga Do Val, Instituto de Estudos Mártires de Sobredo - Conmemoración dos sucesos de Sobredo
    Este domingo cúmprese o 96 aniversario dos sucesos de Sobredo, no que tres veciños faleceron, Cándida Rodríguez González, de Pazos de Reis; Joaquín Estévez Besada, de Soutelo; Venancio González Romero, de Budiño; e máis de vinte persoas resultaron feridas nun levantamento antiforal.
    Os actos comezarán ás 11h coa concentración na Carballeira de Sobredo, e desprazamento ata o monumento. Logo ás 12h terá lugar a presentación do acto a cargo dunha representación do Instituto de Estudos Mártires de Sobredo.
    A continuación intervirá a profesora e ensaísta, Carme Adán Villamarín. O programa previsto continuará coa ofrenda floral, a clausuara e a actuación do grupo de gaitas Folieiros.
    Dende o Instituto de Estudos Mártires de Sobredo explican que este ano centran a conmemoración no papel da muller na vida social.
    9 min
  • Ent. Estrella Muradás, concelleira servicios sociais e Paula Guerreiro, técnica de prevención de servizos sociais - 25N
    Este domingo, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero. No concello de Tui levan todo o mes traballando en actividades para afondar neste asunto, especialmente nos colexios. O departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui está a realizar unha serie de obradoiros no que participan 230 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO do IES San Paio, no IES Indalecio Pérez Tizón e no Colexio Maristas Santa María.
    6 min
  • Ent. Jesica Pichel de Planstur – III Feira de Bodas de Tui
    O Parador de Tui acolle este domingo, 25 de novembro, de 12 a 20h a III Feira de Bodas de Tui na que participarán 19 empresas que ofrecen produtos ou servizos para un día tan especial. Amais ás 16.30h está previsto un desfile de traxes de noiva, noivo e convidados. Contounolo Jesica Pichel de Planstur.
    7 min
  • Ent. Samuel Moreno e Javier Argüelles, magos - Miñomáxico
    O vindeiro sábado 1 de decembro o Auditorio Municipal do Rosal acolle o primeiro festival de maxia do Baixo Miño, Miñomáxico.
    Esta primeira gala está moi relacionada cun proxecto solidario que se desenvolve no hospital Álvaro Cunqueiro, “Sonrisas por tiritas”, que cumpre agora dous anos. Estiveron na nosa sintonía o Mago Samu e Javier Argüelles para falarnos desta I Edición do Festival de Maxia do Baixo Miño.
    16 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…