Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Juan Carlos Blanco, presidente de Acitui, Sergio Casal, secretario e Luis Conde, tesoureiro - Nadal Solidario
    Onte comezaba a funcionar a pista de xeo ecolóxica que forma parte do Nadal Solidario organizado por Acitui coa colaboración do concello de Tui. A carpa, de 150 metros cadrados estará no paseo da Corredoira até o vindeiro 6 de xaneiro. Un espazo de lecer para nenos, pero que tamén conta con outras atraccións para os pais.
    Ademáis a asociación de comerciantes de Tui prepara xa o Saborea Tui que se vai celebrar os fines de semana do mes de marzo.
    13 min
  • Ent. Teresa Dominguez, Directora CRA Mestra Clara Torres
    Mañá mércores o CEIP Pintor Laxeiro de Vigo acolle a presentación do calendario competencial do Cra mestra Clara Torres de Tui, un recurso para educar de outro xeito, que dende o servizo de orientación do Cra mestra Clara Torres entenden, é mellor e de máis calidade, adaptado as novas necesidades xurdidas dos cambios da sociedade e cun estilo educativo e parental positivo.
    10 min
  • Ent. Susi Pérez, Iris Saavedra, Hortensia Rodríguez - Barrio das Flores
    Trinta e catro comerciantes das rúas Foxo, Travesía Foxo, Rosa Bahamonte e a súa prolongación véñense de unir nunha iniciativa que denominan o Barrio das Flores, para revitalizer esta zona. Dende esta tarde os seus establecementos lucirán o logotipo deste barrio, que se suma á colocación de xardineiras que teñen levado a cabo, e á que convidan a sumarse tamén aos veciños. Amais unhas pegadas de cores animarán tamén as rúas.
    12 min
  • Ent. Pachi Alonso e Manuel Martínez Tato de Modepen - Concentración
    A coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións, MODEPEN, convoca mañá ás 11h unha concentración na praza da Inmacualda dentro da Xornada de Loita Estatal polas defensa das pensións. Pachi Alonso e Manuel Martínez Tato déronnos conta hoxe dos motivos desta convocatoria, a suba das pensións, a reforma laboral….e convidaban unha vez máis a participar.
    14 min
  • Ent. Manuel Martínez, de Asoc. Trisquel e Medulio - Presentación libro "Vivencias de Juventud"
    Mañá venres ás 20h da tarde terá lugar na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica a presentación do libro de escritos e debuxos de plumiña de Martín Rodríguez Álvarez titulado “Recuerdos de Juventud”. O acto está organizado pola Asociación cultural Trisquel e Medulio. Falounos deste acto Manuel Martínez de Trisquel e Medulio, e o propio Martín Rodríguez do seu libro.
    17 min
  • Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui - Desentullo e demolición
    O alcalde de Tui solicitou está mañá ao arquitecto encargado da catástrofe de Paramos un informe sobre se o desentullo de Paramos ten carácter de emerxencia polo risco que presenta. Fixo está solicitude logo do informe conxunto negativo da secretaría e intervención para que o Concello acometa o desentullo por vía de emerxencia, coma se aprobou en pleno, deixando a prota aberta a esta opción. Tamén remitiu unha carta á subdelegación solicitando por escrito o compromiso público de que o goberno se fará cargo do custe do desentullo.
    Por outra parte Carlos Vázquez Padín informou que esta mañá comezou a demolición das instalacións da pirotecnia de Baldráns.
    17 min
  • Ent. Rubén López, director Conservatorio - Concerto de Nadal do Conservatorio e da Escola de Música
    O conservatorio Profesional de Música de Tui e a Escola de Música ofrecerán mañá xoves, ás 20h, no Teatro Municipal o seu Concerto Solidario de Nadal.
    Dende ás 17.30h poderanse retirar as entradas, na sala Xacobeo, a cambio dun quilo de alimentos que serán cedidos a SOS Tomiño Baixo Miño.
    Tamén dende ás 19.15h entregaranse os boletíns deste primeiro trimestre do curso.
    9 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…