Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Aloia Martínez, directora Mistura Vocal - Concerto de Nadal
    Mistura Vocal abrirá hoxe o Concerto de Nadal que ofrecerán xunto á Orquestra Sinfónica de Tui ás 21h no Teatro Municipal de Tui. A tudense Aloia Martínez, directora do coro, explicaba que están últimando os detalles para o que será un gran concerto.
    As derradeiras 100 entradas poranse á venda ás 19.30h no despacho de billetes aos prezos de 6€ e 5€.
    3 min
  • Ent. Miguel Rodríguez, Sebastián González e Salvador García- Café solidario no Nadal Solidario
    Continúa o Nadal Solidario organizado por ACITUI no Paseo da Corredoira. Lembramos a alí podemos disfrutar dunha pista de xeo ecolóxica de 150 metros cadrados. Ten un prezo de 4€ válido para un período de 30 minutos.
    Tamén hai distintas actividades de animación. Entre elas está o café solidario que mañá dende ás 16h ofrecerán ao prezo dun euros en colaboración con Café do Noso. A recadación íntegra será para os afectados de Paramos e Guillarei, como explicaban Miguel Rodríguez e Sebastián González, tamén estivo Salvador García presidente da Asociación de Afectados.
    10 min
  • Ent. Lupe Pérez, Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei - Suspendida a manifestación
    A Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei suspende a manifestación prevista para este domingo na que ían solicitar que o desentullo que se acometa xa. Así o acordaron onte en asemblea. Toman esta decisión ante o compromiso do Concello desconvocan a manifestación, pero si realizarán á mesma hora ás 12h unha concentración na zona cero. Así o explicaba Lupe Pérez, da Asociación de Afectados.
    4 min
  • Ent. José Martínez Tato, AndaTui - VII Camiñada Solidaria
    O Club Andatui celebra este domingo a súa VII Camiñada Solidaria 2018. Sairá ás 10h dende o palco da música no Paseo da Corredoira de Tui, para facer un percorrido de 8 quilómetros polas as rúas de Tui e Valença para retornar de novo a Tui.
    Aqueles que desexen participar deberán presenter o mesmo domingo un pouco antes das 10h na Corredoira cun quilo ou máis de alimentos non perecedoiros que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño. Así nolo explicou hoxe José Martínez Tato de AndaTui.
    6 min
  • Ent. Óscar Fernández, directivo Os De Sempre - Papanoelada Moteira
    O luns día 24 terá lugar en Tui a V Papanoelada Moteira organizada polo motoclub Os de Sempre. Sairá do Paseo da Corredoira as 16.30h e percorrerán o centro de Tui disfrazados de Papanoel para despois facer unha ruta polos arredores. Terá unha duración aproximada dunha hora e despois volverán de novo o punto de saída para gozar dunha chocolatada.
    4 min
  • Ent. Rubén López, director do Conservatorio de Tui- Concerto de Nadal
    A orquestra Sinfónica de Tui e o Coro Mistura Vocal ofrecerán este venres ás 21h no Teatro Municipal de Tui o Concerto de Nadal organizado polo Concello de Tui. O concerto está estruturado en 3 seccións. A primeira correrá a cargo de Mistura Vocal formado por corenta cantores do sur da provincia de Pontevedra e dirixido pola tudense Aloia Martínez.
    A segunda parte, da man da Orquestra sinfónica de Tui, integrada por preto de cincuenta alumnos, exalumnos, e profesores do Conservatorio Profesional de Música de Tui, tocarán bandas sonoras de películas. Na terceira parte interpretarán temas navideños.
    6 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…