Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,212 episodes available.
June 01, 2018Ent. Beti Rey - Homenaxe da Agrupación Cultural GuardesaA nosa compañeira Beti Rey será homenaxeada pola Agrupación Cultural Guardesa co gallo do Día das Letras Galegas nun acto que se celebrará hoxe ás 21h no Centro Cultural da Guarda.A homenaxe contará coa participación de José Font e coas actuacións musicais do Grupo de Pandeiretas da Agrupación Cultural Guardesa, do grupo Antorcha e do Grupo de Cámara da Agrupación Musical Guardesa....more8minPlay
May 31, 2018Ent. Juan Carlos Blanco e Manuel Santos, de Acitui - Suspendidas as actividades para o mes de xuñoA Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui decidiu suspender a Festa do Peregrino que tiñan programada para o 9 e 10 de xuño en solidariedade cos afectados pola explosión de Paramos. Do mesmo xeito queda aprazada a Gala do Comercio. As actividades retomaranse na segunda quincena de xullo....more5minPlay
May 31, 2018Ent. Elías Vieiro, presidente do Tyde FC - Participación no Torneo Internacional de VersmoldArestora os rapaces do Tyde que participarán no Torneo Internacional de Fútbol de Versmold están a comezar a súa viaxa ata a cidade alemá.Esta mañá participaron nun acto de despedida no Concello co alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e amais tivemos ocasión de falar con Elías Vieiro, presidente do Club que os acompaña nesta experiencia á que van con idea de revalidar o título....more6minPlay
May 31, 2018Ent. Lupe Pérez da Plataforma de Afectados ParamosLupe Pérez, voceira da Plataforma de Afectados de Paramos deu conta no programa Día a Día, do tratado na reunión de onte á noite....more9minPlay
May 31, 2018Ent. Mercedes Martín, de Verdeazul - Recollida de plásticos no MiñoPara este sábado a empresa de ocio e turismo activo Verdeazul ten organizada unha recollida de plásticos no río Miño. Está pensado como un paseo polo río e un modo tanto de achegarse ao entorno natural como de tomar conciencia da grande cantidade de residuos que producimos e de todo o que consumimos.Mercedes Martín, de Verdeazul, falounos desta iniciativa....more12minPlay
May 31, 2018Ent. Olaya Sánchez-Llanos, Paula Rico, Alba Cid, Ricardo Fdez. e Néstor Álvarez, de Maristas - Día Mundial sen TabacoOs alumnos de 6º de primaria do Colexio Maristas realizaron a semana pasada un obradoiro sobre o consumo de tabaco como actividade previa ao Día Mundial sen Tabaco que se celebra hoxe.Cinco desde alumnos déronnos conta de todo o aprendido....more7minPlay
May 31, 2018Ent. Reme Carrera, do Grupo San Roquiño - Estrea de 'Xoscados' no Auditorio de GoiánEsta fin de semana o Auditorio de Goián acollerá a estrea de “Xoscados”, a cuarta longametraxe producida polo grupo tomiñés San Roquiño.Contará con dous pases o sábado e dous o domingo, e amais a próxima semana proxectarase tamén no Auditorio do Rosal. Contóunolo Reme Carrera, que forma parte de San Roquiño....more3minPlay
May 30, 2018Lupe Pérez, plataforma - Reunión no CC de ParamosÁs nove desta noite a Plataforma de Afectados de Paramos vai celebrar unha reunión no Centro Cultural de Paramos. Así nolo contou hoxe a súa voceira, Lupe Pérez....more3minPlay
May 30, 2018Ent. Elías Vieiro, Manuel Rodríguez, Silvia Pousa, Alicia González e Adela Lamela - Acción solidarias na fin de semanaEntre a grande cantidade de inicitativas solidarias cos afectados pola explosión de Paramos está fin de semana terán lugar dúas actividades na parroquia de Guillarei.Por unha parte o sábado terá lugar ás 18.30h un partido benéfico entre o Tyde e o Guillarei no campo da Gándara, e por outra o domingo ás 18h comezará unha Masterclass de Zumba no torreiro das Festas da Virxe das Dores....more18minPlay
May 30, 2018Ent. Pablo Nunes, de Notblank - Álbumes fotgráficos solidariosDende a empresa de fotografía Notblank contan cunha iniciativa solidaria para que os afectados de Paramos poidan comezar de cero cos seus recordos fotográficos. Xunto con outras empresas fotográficas da zona que se están a sumar á iniciativa ofrecen servizos de fotografía de familia de balde. Explicóunolo Pablo Nunes....more4minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,212 episodes available.