Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Patri - Prebadaladas de Fin de Ano
    Na rúa Porta da Pía haberá hoxe dúas citas, ás 13h e ás 19h, para comezar a despedir o Fin de Ano. O padeeiro Iván Alonso dará as badaladas nas que non tomarán doce uvas, pero sí outros produtos e brindarán por un feliz 2019.
    2 min
  • Ent. Ricardo Martínez. Vicente Álvarez, Adolfo Besada e Eduardo Freiría - Concerto Fin de Ano
    Hoxe as 21.00h terá lugar no Teatro Municipal de Tui o Concerto de Fin de Ano que van protagonizar a Coral San Telmo e a Banda de Música Popular de Tui. Será a coral quen abra o evento , acompañados en algunhas pezas polo grupo Lirolai. Despois, darán paso a Banda de Música de Tui.
    Dúas horas antes do comezo do concerto, no lateral do teatro, se habilitará un espazo para depositar alimentos, cada quilo de alimentos será intercambiado por unha entrada para o concerto, alimentos que se doarán a SOS Tomiño - Baixo Miño.
    15 min
  • Ent. Teresa Pérez , Concelleira de Cultura de Salceda - Programación de Nadal
    En Salceda hai varias propostas navideñas para esta fin de semana e para tódolos públicos, dende deporte, pasando por música e turismo. Esta tarde, as 21.30h celebrase a oitava edición da carreira San silvestre que sae da praza do concello. Mañá sábado a partir das 17.00h da tarde haberá un certame de ranchos tradicionais na Asociación Cultural A feira e outro certame o domingo, neste caso, o de panxoliñas.
    7 min
  • Ent. Elena Baz, concelleira de Cultura da Guarda - Actividade de Nadal
    A Guarda está a celebrar unha ampla programación de Nadal na que implicaron a poboación e aos distintos colectivos da vila, e na que as rúas son o escenario de parte das actividades previstas. Entre as novidades da programación está a pista de xeo instalada na Alameda que está a ter unha boa acollida como hoxe sinalou a concelleira de Cultura, Elena Baz.
    O grupo Do Lusco ó Fusco puxo está mañá á música nas rúas da Guarda e houbo o tradicional chocolate na praza de Abastos. Xa a tarde o Centro Cultural acollerá ás 17h á compañía Elefante Elegante coa obra infantil “Tristán”. E ás 20.30h a cafetería Alameda acolle a barferencia sobre as Salinas da Costa Atlántica.
    7 min
  • Ent. Cristina Martínez, concelleira Cultura Tomiño - Actividades de Nadal
    Tomiño ten preparadas distintas actividades de Nadal. Esta mesma mañá no Seixo recibiron a visita da Apalpadora.
    Hoxe, mañá xoves e venres haberá obradoiros e contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos no Mercado Municipal de Tomiño. O sábado ás 17h o Mercado de Tomiño acollerá o ‘Cantacontos’ de Migallas Teatro, e o domingo ás 18h no auditorio de Goián Educateatro Producións presenta ‘Os tres porquiños’. As actividades continuarán a próxima semana e culminarán coa Cabalgata de Reis como explicaba a concelleira de Cultura, Cristina Martínez
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…