Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Manuel Vázquez de la Cruz e Juan Soto de Levada Libre - Homenaxe a Telmo Comesaña Pampillón
    Este sábado realizarase unha homenaxe a Telmo Comesaña Pampillón, un emblema da memoria histórica de Galicia, que representa aos orfos que aínda viven e a todas as familias das vítimas. Os actos comezarán ás 11h na Volta da Moura, continuarán na aula da UNED, nos xardíns de Troncoso, e rematarán cun xantar no Parador. Faláronnos do homenaxeado e do programa previsto Manuel Vázquez de la Cruz e Juan Soto de Levada Libre
    11 min
  • Ent. Dr. Pose, xefe de servizo do Centro de Saúde de Tui - Dimisión dos xefes de Servizo
    Os xefes dos centros de Saúde de Tui, A Guarda e Salceda, presentarán hoxe a súa dimisión xunto aos de Pintor Colmeiro, Lavadores, Coruxo, Bembrive, Navia, Nicolás Peña, Cuba, Taboada Leal, Casco Vello, Sárdoma, A Doblada e Matamá, en Vigo; Chapela, O Porriño, Val Miñor, Gondomar, e Redondela.
    Trátase do 80% dos xefes do servizo e da unidade de Atención Primaria da Área de Vigo que coa formalización da súa dimisión queren evitar ser "cómplices" do "progresivo deterioro" da Atención Primaria, nunha decisión que onta co respaldo "total" do Colexio de Médicos de Pontevedra. Dimiten por dignidade coma explicaba o doutor Pose, xefe do centro de saúde de Tui.
    7 min
  • Ent. Andrés Urseira e José Monte - Anima Eurocidade
    A Eurocidade Tui-Valença acollerá dende mañá e ata o domingo unha serie de actividades musicais e de maxia que se irán celebrando tanto en Tui coma en Valença cada xornada. Hoxe deron conta das mesmas o concelleiro de Eurocidade de Tui, Andrés Urseira, e o verador de Valença, José Monte. Este último falouno tamén o programa de Nadal no seu municipio.
    12 min
  • Ent. Telmo Paramos - Telmo Import
    Esta mañá estivo na nosa sintonía Telmo Paramos, de Telmo Import, quen celebra este ano os 30 anos dende que creou a empresa de telefonía. Fixo un repaso da compañía nestes anos, dende os comezos cando empezaba con game boys, tamagochis e videoxogos até hoxe en día, que conta con 7 tendas centradas na telefonía.
    14 min
  • Ent. José Quinteiro, de SOS Tomiño Baixo Miño - Gran Recollida
    Hoxe e mañá sábado celébrase a Gran Recollida do Banco de Alimentos de Vigo, na que participa tamén na comarca SOS Tomiño Baixo Miño. En concreto tanto hoxe coma mañá van recoller alimentos non perecedoiros en 10 supermercados da zona. O que máis precisan son leite, cacao, cereales, e conservas. Agardan chegar aos 15 mil quilos recollidos. Precisan aínda 7 persoas voluntarias para recoller alimentos mañá entre 2 e 4 horas nalgún supermercado do Rosal, Tomiño e Tui os interesados poden contactar co 629 25 80 69.
    5 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…