Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Alfonso Lorenzo, Presidente Agrudebam - Carreira Campo a través de Guillarei
    O CEP Altamira, CEIP de Rebordáns, CEIP de Guillarei, CEIP de Pazos de Reis, CEIP de Randufe, CEIP N1 e N2, CEIP de Sobrada, CEIP de Tebra, CEIP de Barrantes, CEP Pedro Caselles e o CEIP Pintor Antonio Fernández teñen cita mañá co deporte, concretamente nunha carreira de campo a través no torreiro de festas de Guillarei. Será mañá pola mañá, en horario lectivo, nunha proba que pretende favorecer a integración de todo o alumnado facendo soamente unha clasificación por equipos, formados pola totalidade de cada clase independentemente do seu número de alumnos.
    5 min
  • Ent. Suso Vila,historiador - Xornada "1118,a pegada de Gelmírez na sede tudense".
    O instituto de Estudos Tudense organiza para este sábado unha xornada titulada "1118,a pegada de Gelmírez na sede tudense". Hoxe coñecemos con detalle o programa previsto da man do historiador tudense Suso Vila.
    A xornada abrirase ás 12h na propia igrexa de San Bartolomé cunha pequeña interpretación do bispo Gelmírez e visita ao templo a cargo de Xabier Castiñeiras.
    Xa pola tarde a cita será na Sala Félix Rodríguez con dobre conferencia ás 16.30h e ás 18h.
    9 min
  • Ent. Marta Álvarez, Sara Quintana e alumnado de 5º - Proxectos curso 2018/19
    A ciencia forma parte dos proxectos que levan a cabo no CEIP nº1 de Tui, traballando sobre vocacións de futuro vinculadas á ciencia, á tecnoloxía, á enxeñería, á arte, e ás matemáticas. Este mes súmanse á celebración do Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas escolares. Amais ponen en marcha o Club da Ciencia
    A próxima semana a historiadora tudense Sara Quintana impartirá no centro para Primaria obradoiros sobre o traballo do Mestre Mateo no pórtico da Gloria baixo o título “As cores do pórtico”.
    Amais algúns alumnos do centro participaron en Outono na Semana da Ciencia Steam en Santiago. Hoxe contaránnos os proxectos nos que traballaron Roque, Sabela, Guille, Ana e Diego.
    12 min
  • Ent. Eva Martínez e Javier Argüelles, Asociación de Afectados pola Deleción 1P36 - Calendario Solidario
    “Sorrisos que contaxian” é o título do calendario protagonizado por rapazas e rapaces afectados polo síndrome 1P36 xunto a persoeiros do ámbito musical, deportivo e televisivo. Trátase dunha acción que a Asociación de Afectados pola Deleción 1P36 leva a cabo por terceiro ano consecutivo como forma de recadar fondos, unha fonte de ingresos moi importante para a asociación que o ano pasado recadou cerca de 18.000€. Nolo contaban esta mañá Eva Martínez, presidenta da asociación e Javier Argüelles o deseñador do calendario.
    17 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…