Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Brais Curras, investigador da Universidade de Coimbra - "A Guarda, Mar de Sal"
    Ás 17.00h desta tarde terá lugar unha visita guiada ás salinas da Guarda. Sairán dende o Seixal, a 750 metros da depuradora. Estas salinas forman parte dun complexo que se estende polas costas da antiga Gallaecia e que supón unha mostra excepcional da produción de sal no mundo antigo, cun enorme valor científico e potencial patrimonial.
    O grupo de traballo do proxecto «A Guarda, Mar de Sal», encabezado polo investigador Brais Currás, e Mar Cortegoso, directora das escavacións, avanzan que estas salinas forman parte do maior complexo de explotación do sal mariño ata agora documentado de todo o Imperio Romano.
    10 min
  • Ent. Salvador García, pte Asociación de Afectados Paramos e Guillarei - Afectados non terán que tributar no IRPF
    Os afectados de Paramos e Guillarei non terán que tributar no IRPF polas axudas que reciban tras a catástrofe do pasado mes de maio. Así o expuña onte a subdelegada do goberno Maica Larriba, á Asociación de Afectados. O seu presidente Salvador García amosaba a súa satisfacción por este nova tan agardada. Tamén valoraba positivamente a reanudación da atención psicolóxica en Tui. Esta tarde terán asemblea cos veciños.
    10 min
  • Ent. José Prada, concelleiro non adscrito
    Na Radio Municipal de Tui continuamos coa rolda de entrevistas cos membros da corporación municipal. Esta mañá foi a quenda do concelleiro non adscrito, Xosé Prada, quen fixo un balance deste primeiro ano de goberno trala moción de censura e que aseguraba que el non ten compromisos con ningún partido polo que el actúa en beneficio para os veciños. Falaba ademáis de outros asuntos de actualidade no muinicipio.
    17 min
  • Ent. Koki, escritor - Presentación literaria
    O Mercado municipal de Tomiño acolle este venres as 20.00h a presentación de tres libros de Francisco Álvarez “Koki”. Será unha reedición de “un neno na emigración” e unha nova edición de “vasoiras barreiro” ambos cunha temática común, son contos infantís que falan da emigración. Ademáis este último conta con ilustración do pintor guardés Antonio Rodríguez Cachi. O terceiro libro que se vai presentar “A memoria das palabras” leva na súa portada un cadro de Castelao dedicado a comunidade galega en Nueva York no ano 1938 co cal o autor se sinte identificado xa que leva 30 anos vivindo alí. A diferencia dos dous primeiros, este é un libro de poemas sociais.
    8 min
  • Ent. Diego Alfonsín, escritor - Presentación do libro "Heidelberg y otros relatos"
    O escritor tudense Diego Alfonsín presentará o seu ultimo libro "Heidelberg y otros relatos" este sábado as 19.00h na sala Félix Rodríguez do Edificio Área Panorámica de Tui. O libro está formado por catro relatos, “Cuando ella no está”, “La aspiradora inteligente”, Heidelberg que da título o libro, e “elogio de la lentitud” todos eles en castelán, dos que nos falaba o propio autor do libro, Diego Alfonsín.
    15 min
  • Ent. Jose Fonterosa - Programa formativo "Mais Posible" en Tomiño
    Hoxe ás 20.30h no salón de sesión da casa do Concello de Tomiño terá lugar a primeira reunión de traballo do programa formativo e de asesoramento individualizado “Máis Posible”, destinado a todo tipo de negocio ou PYME local, froito do convenio entre o Concello de Tomiño e ADETO. Falabamos con José fonterosa, un dos técnicos que estará a impartir estas xornadas.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…