Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. MJ Pérez, cantautora - Vive o Camiño
    Ás 21.00h desta noite a praza de San Fernando será o punto no que recale o programa de artes escénicas “Vive o Camiño” promovido por Turismo de Galicia e que está a percorrer este verán o Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa. A cita hoxe en Tui, porta de entrada do Camiño Portugués a Galicia.
    A proposta desta noite chega protagonizada por Celso Fernández Sanmartín “Celsiño” e de MJ Pérez.
    Co título “O Camiño que camiña con nós” o poeta e contacontos Celso Fernández Sanmartín “Celsiño” presenta un espectáculo para todos os públicos no que conta contos, historias e memorias da tradición oral galega e da europea.
    Por outra parte baixo o título “Sigo facendo Camiño” MJ Pérez, unha das novas voces do panorama actual da música galega, achega as súas cancións de autor dos seu último disco “ Casandra” e rescatará algún temas dos dous primeiros,“Ollos que non ven, síntoma de cegueira” e “Guerrilleira”. Esta noite será a primeira vez que MJ Pérez actúe aquí, en Tui. Falábanos esta mañá para contarnos o que imos a escoitar no concerto desta noite e como é ese novo disco que presentara hoxe.
    7 min
  • Ent. Vanesa Rodríguez, Alba Martínez e Bea Pérez, Membros da Directiva Asoc. Cultural Xuntanza- Semana Cultural Randufe
    Esta fin de semana comeza a XXXIII Semana Cultural de Randufe, será o venres, día 31 as 21:30h cos Playbacks de Baldráns e Xuntanza. A programación se prolongará toda a semana até o próximo xoves, día 6, que rematará coa festa gastronómica e animación musical coa Charanga Cantos Somos de Tui.
    A festa conta cun amplo programa que conta con actividades deportivas, humor, animación para nenos, música e gastronomía.
    11 min
  • Ent. Javier Añoveros, presidente do Instituto de Estudos Tudenses - Revista Castelum Tyde nº5
    Onte presentábase a 5ª Edición da revista Castellum Tyde promovida polo Instituto de Estudos Tudenses. Estivo na nosa sintonía esta mañá Javier Añoveros, presidente do Instituto de Estudos Tudenses, quen remarcaba a necesidade de que unha cidade como Tui conte cunha publicación cultural.
    A revista, este ano, está dedicada a Francico Ávila y La Cueva, primer gran historiador tudense.
    14 min
  • Ent. César López, xerente de Lenda - Lenda
    A marca Lenda é unha das marcas lider de pensos a nivel europeo e ten a súa sede aquí, en Tui. Esta empresa creada hai máis de dez anos dedícase a venda de comida de gama alta, con aimentos de primeira calidade para cans e gatos.
    16 min
  • Ent. Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra - Festas do Viño do Concedado de Tea
    Será as 8 da tarde a inauguración desta 59 edición da festa, unha das máis antigas de Galicia. Haberá postos de comida e estarán alí tamén representación das máis de 50 bodegas da zona para presentar o seu viño.
    A festividade será toda a fin de semana, a apertura é hoxe, as 7 da tarde, poderanse visitar os estánds e bodegas. Mañá, sábado, as 10 da mañá haberá cata de viños, onde non haberá premios, senón a distinción de viño delicioso do ano. O día forte, o domingo, cando se reciben as cofrarías e haberá desfile das cofrarías no recinto amurallado.
    8 min
  • Ent. Mino Álvaro e Francisco Álvarez - Exposición de Antunez Pousa en Estás
    A vixésima semana cultural de Estas chega o seu fin nunha edición na que quixeron homenaxear a José Antúnez Pousa cunha mostra conmemorativa do escultor, quen fai 20 anos inauguraba por primeira vez esta xa recoñecida exposición. Trátase dunha serie de pezas modernas, de liñas definidas e cavidades feitas en mármore. O corpo humano e a natureza inspiran as creacións do artista, en pezas coma “Maternidad”, ”Torso”, “Mujer sentada” ou “Pez con cinta”.
    9 min
  • Ent. Manuel Alonso Pereira, presidente Comisión de Festa de Caldelas- Festas Virxe da Rocha
    Cos playbaks da parroquia hoxe ás 21.30h. remata a Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural A Insua en Caldelas, e mañá comeza alí mesmo, en Caldelas, a festa da honra á Virxe da Rocha que reunirá a miles de persoas na ribeira durante os próximos días, nomeadamente o próximo luns na tradicional cea da empanada.
    Mañá á mañá terán pasarrúas e animación con gaiteiros. Ás 20h celebrarase misa na igrexa parroquial cantada polo coro San Martiño de Caldelas con procesión ata a capela. O domingo a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un pasarrúas e concerto. Ás 12h celebrarase misa solemne cantada polo coro San Martiño de Caldelas no recinto da festa con procesión acompañada de música. O prato forte desta festa, as verbenas nocturnas tanto da fin de semana, como do luns e martes.
    8 min
  • Ent. Raquel Areal, violinista - Concerto San Domingos
    A xoven violinista tudense, Raquel Areal, que cursa na actualidade segundo curso de violín na escola superior de música Reina Sofía en Madrid, dará mañá, venres, as 20:30h un concerto na igrexa de San Domingos en Tui. Tocará un programa de pezas clásicas de compositores coñecidos como Mozart o Bach. Nesta ocasión ven acompañada da pianista catalá Isolda Crespi Rubia, con que xa coincidiu na escola de Portugal cando a pianista era profesora.
    12 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…