Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Beni Vilas, arqueólogo - Visitas guiadas
    Mañá venres darán comezo as visitas guiadas polo patrimonio arqueolóxico de Tui organizadas polo concello.
    Comezarán cos petróglifos grabados nas rochas con carácter simbólico e que forman parte dos rituais dos nosos antepasados da prehistoria.
    Nesta primeira cita daranse a coñecer os do Alto do Coello e Fontiñas, unha obra arqueolóxica pouco coñecida a pesar do seu valor histórico e a súa beleza. Nestas visitas, ademáis de percorrer os petróglifos, terán lugar actividades experimentais e obradoiros para dar a coñecer o modo de vida na prehistoria e facelas así máis dinámica e participativas.
    9 min
  • Ent. Javier Rodriguez, tesoreiro da comisión de festas de San Bartolomeu
    Mañá mércores comeza a festa de San Roque con procesión as 21:00h e saída das monxas encerradas, acompañados polas bandas de música popular de Tui e a banda de gaitas de Paramos. Vaise inaugurar tamén a feira de antigüidades e artesanía no torreiro de festas de San Bartolomeu. Xa na segunda xornada de festa, o xoves, comezará as 12.30h coa misa solemne con procesión acompañada pola Banda de Música Popular de Tui e pola noite verbena con Noche de Estrellas e La Torre.
    5 min
  • Ent. Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura e patrimonio - Tralas pegadas do tempo
    As visitas "Tralas pegadas do tempo" comezan este venres co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio arquelóxico de Tui. Serán conducidas por arqueólogos e de xeito previo haberá actividades experiementais sobre o xeito de vida na prehistoria. Ofértanse 50 prazas por día e é preciso inscrición previa no whatsapp 610 70 34 88.
    A primeira cita será este venres ás 20.30h coa Ruta dos petróglifos do Alto do Coello e Fontiñas.
    7 min
  • Ent. Julio Domínguez, director Camerata Ad Libitum - Concerto clausura curso Tamara Brooks
    Mañá terá lugar a clausura do curso de dirección, canto e técnica vocal, coro e orquestra Tamara Brooks, que este ano tivo a súa sede en Mondaríz, e que remata aquí en Tui.
    O seu director Julio Domínguez explicaba que se trata de dar a coñecer ao público o traballo realizado polo alumnos, de toda España e Portugal, ao longo desta actividade formativa nas últimas semana
    No concertos de clausura mañá o alumnado de dirección dirixirá aos aos seus compañeiros do coro e da orquestra, para interpretar un repertorio relixioso, con sorpresas incluídas.
    7 min
  • Ent. Carlos Vázquez Padín, alcalde - Visitas guiadas
    Coñece Tui co seu alcalde” é o título das tres visitas guiadas ao conxunto histórico de Tui que se van celebrar este domingo 12 de agosto, o luns 13 e o martes 14 guiadas polo alcalde e responsable de Turismo, Carlos Vázquez Padín.
    Trátase dun percorrido dunha hora aproximadamente que partirá ás 20.30h dende a Praza da Inmaculada.
    9 min
  • Ent. Samuel Diz e Yolanda Castaños - Musica No Claustro
    Tras seis días cunha gran resposta do público, o festival despide a súa decimo terceira edición as 21:30h no claustro da Catedral, un acto ao que asistirá o secretario xeral de cultura, Anxo Lorenzo. A Música No Claustro pechará as súas portas pero xa coa vista posta na próxima edición. Samuel Diz, director do festival. A xornada de hoxe comezará con Yolanda Castaño que ofrecerá un recital poético do seu último poemario “A segunda lingua”. A continuación Eva Fernández Trio ofrecerá o concerto “Yo pregunto”.
    16 min
  • 100818 Julián Iglesias do CN San Telmo- Remata prazo Semana Náutica
    Ainda quedan prazas para as actividades Padel surf, sky nautico do luns e rafting para as que se ampliou a idade dos participantes para poder cubrir todas as prazas. Repasabamos esta mañá a programación con Julian Iglesias, do clube Nautico San Telmo
    Para a actividade de sky nautico do venres xa están todalas prazas cubertas.
    Para inscribirse hai que 657875716 ou pasando polo Club Nautico san Telmo.
    4 min
  • Ent. Antonio Lomba, alclade da Guarda - Festa do Monte 2018
    Chegan os días grandes das festas do Monte na Guarda, unha vila na que agardan a miles de persoas esta fin de semana. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, destacaba hoxe coma esta festas, que comezaron hai 105, son sobre todo unhas festas para disfrutar. Tamén falamos do traslado dos servizos municipais á Casa dos Alonso, avanzando que a súa intención é que a vella casa do concello albergue a biblioteca municipal e o arquivo histórico.
    9 min
  • Ent. Samuel Diz e Henrique Alvarellos - Presentación libro “De Granada a Galicia: a primeira viaxe de estudos de García
    Cómo marcou a primeira viaxe a Galicia a Federico García Lorca poderemos coñecelo esta tarde ás 20h en Porta da Pía na presentación do libro “De Granada a Galicia: a primeira viaxe de estudos de García Lorca”. Samuel Diz, director de Música no Claustro, e Henrique Alvarellos de Alvarellos Editor, faláronnos hoxe no programa Día a Día desta públicación.
    12 min
  • Ent. Laureano Alonso, Vicepresidente Peña Celtista Tudense - Memorial Quinocho
    O Celta se medirá ao Mainz 5-0 de Alemania este sábado as 19:30 no campo de Balaídos co gallo do Memorial Quinocho. Ademáis da homenaxe ao ex-xogador e ex-xerente do club, Joaquín Fernández Santomé ‘Quinocho", este ano o trofeo terá un compoñente solidario. O diñeiro recadado cada ano se destina a federación de peñas celtistas, quen este ano decidiu cedelo a asociación de afectados de Paramos e Guillarei. Unha idea que xurde da peña celtista tudense
    A entrada custa 5 euros e pódese adquirir no despacho de billetes de Balaídos. Haberá ademáis fila cero.
    6 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…