Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Andrea González, Eduardo Freiría, Jose Monte - IKFEM 2018
    O Paseo Fluvial será mañá o escenario da xornada inaugural do IKFEM, O Festival Internacional de Instrumentos de Tecla da Eurocidade 2018. Vaise celebrar dende mañá venres e ata o martes 24. Do mesmo falamos coa súa directora Andrea González, co concelleiro de Cultura de Tui, Eduardo Freiría, e o vereador de Cultura de Valença, Jose Monte.
    13 min
  • Ent. Orlando Oliveira, membro de Fas Diferente - Verdoejo Art Rock
    O parque de merendas de Verdoejo acolle do venres 27 ao domingo 29 deste mes o IV Verdoejo Art Rock que combina música, arte e diversas actividades organizadas por Fas Diferente. Olando Oliveira, membro da organización, explicou o programa que teñen previsto con concertos de Peste&Sida, Eladio y los Seres Queridos, exposicións de Alfonso Vicente Rey, Camiño Caamaño ou Juan Coruxo e a XI Descida do Río Minho en Boia.
    7 min
  • Ent. Xacobe Morais - III Campus de Fútbol Sala Toñin Martín
    Dende este luns e até o 27 deste mes 79 rapazas e rapaces están a participar no III Campus de Fútbol Sala Toñin Martín organizado por A Quinta de Tui nos pavillóns do IES San Paio e do vello pavillón municipal. É unha actividade de carácter lúdico no que amais de fútbol sala, practican outros deportes, van a piscina, realizan unha actividade rafting... coma explicou hoxe Xacobe Morais, coordinador do Campus.
    9 min
  • Ent Carlos Alonso, dtor IES A Sangriña - Oferta FP Dual Carrozaría
    O IES A Sangriña ten aberta ata finais de mes a preinscrición para a FP Dual de Carrozaría que agarda impartir o próximo curso escolar. Estiman contar con entre 8 e 10 alumnos que logo dunha formación teórica realizarán a formación prácticas en empresas da comarca. Coma requisito figura ter os 18 anos cumpridos ou cumprilos ao longo do curso. Deunos conta desta oferta formativa o director do IES A Sangriña, Carlos Alonso. +info 886 11 00 60
    9 min
  • Ent. Jose Luis Gándara, delegado do Balonmán Tui - Partido Solidario
    Hoxe as 8 da tarde no pavillón municipal de Tui disputarase o partido do Acanor Atlético Novás contra a Selección da República Dominicana. Será un partido solidario onde todo o recadado se destinará a plataforma de afectados da explosión de Paramos. O prezo será de 5€ para os adultos e entrada gratuíta para os menores de 14 anos.
    11 min
  • Ent. Manuel Santos e Julian Ramirez, representantes de albergues de Tui - Denuncia albergues ilegais
    Os albergues de Tui únense para loitar contra a competencia desleal de vivendas turística "ilegais". Queren promover unha oferta especializada, de calidade e regulada turísticamente. Os albergues véñense de unir para loitar contra as habitacións-vivenda de uso turístico ilegal que hai na cidade.
    O seu obxectivo é reducir o impacto negativo da oferta ilegal e promover que Tui sexa un destino de calidade para peregrinos e turistas. xa que consideran que estoutra é unha práctica desleal que vai contra o desenvolvemento económico e xera descontento entre os clientes.
    9 min
  • Ent. Marcos Besada, alcalde - Festas do Cristo
    O estourazo a cargo da matroa Inés Curre dará o comezo oficial ás festas do Cristo en Salceda, nun programa no que destaca a actuación de Treixadura mañá á noite, o domingo o acto civíco salcedenses distinguidos. O programa previsto, do que nos falou o alcalde Marcos Besada, remata o luns, festivo local, no municipio.
    8 min
  • Ent. Alicia González e Emilio Romero - Bandas de Gaitas
    Este domingo terá lugar no paseo fluvial o concerto solidario "Todos con Paramos" organizado polas bandas de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei e a banda San Xoan de Paramos xunto cos alumnos do Conservatorio Profesional de música de Tui coa idea de, ademáis, doar todo o recadado a Asociación de afectados, levantar os ánimos dos seus veciños. A entrada custa 3 euros e haberá fila cero para quen queira comprar máis dunha. Están xa dispoñibles en distintos establecementos da localidade e poderán tamén mercarse no mesmo paseo fluvial o día do concerto. Haberá ademáis sorteos de agasallos doados por empresas que colaboran co evento. Acompañarán o concerto con pinchos e bebidas a partir das 7 da tarde no paseo fluvial.
    7 min
  • Ent. Miguel Pazo, Presidente Asociación Vontade
    Este mes de xullo se celebran actividades de turismo e deporte inclusivo organizadas pola asociación de persoas con discapacidade Vontade de Tomiño. É un dos proxectos gañadores do Orzamento Participativo Transfronterizo deste ano presentado por Vontade xunto coa Asociación Deportiva e cultural da juventude de Cerveira. A idea do proxecto é non solo para o mes de xullo senón tamén, para o inverno. Nas actividades de verán haberá tres modalidades de participación, unha de deporte turismo inclusivo para amosar o patrimonio cultural e fluvial do rio Miño, outra de orientación e unha proba de Slalom. O proxecto está tendo unha gran acollida con cerca de 160 persoas con mobilidade reducida inscritas de toda Galicia e Portugal.
    9 min
  • Salvador García, pte Asociación Afectados - Presenza no Parlamento
    Tristes e defraudados volven os afectados de Paramos e Guillarei tras acudir onte ao parlamento onde se debatía unha proposión non de lei sobre a catástrofe de Paramos QUE RECOLLÍA AS DEMANDAS DOS AFECTDOS que finalmente non saiu adiante ao votar en contra o PP. Así o explicaba o presidente da asociación, que reúne xa a 200 persoas, Salvador García. A desgravación fiscal, a atención psicolóxica e a reconstrucción 100% da zona cero son as demandas dos veciños
    Amosaba Salvador García a súa decepción porque non se chegara finalmente ao consenso e non se dera unha imaxe de unidade ante aos vecinos.
    Tamén avanzaba a convocatoria dunha nova manifestación, e continúan con contacatos institucionais
    En canto as novas axudas aprobadas o pasado xoves no Consello da Xunta, que hoxe publica o DOG, agardarán a valoralas en canto as teñas estudadas as bases.
    11 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…